Skip to content

COMPLEMENTOS PARA O BEBÉ

Xoguetes

O uso de flotadores e manguitos nos baños dos nenos na praia ou piscinas son un sistema de seguridade infantil máis que un xoguete, e pode complementar ao principal elemento que nunca debe faltar, que é a vixilancia continua dun adulto.

Estes mecanismos poden fallar ou non ser ben utilizados e non substitúen á vixilancia por parte dos coidadores. Para usalos débese asegurar que cumpren coa normativa vixente (normalmente especifícano no envoltorio) e que se utilizan correctamente segundo as instrucións.

Hai que confirmar que o neno se atopa dentro do rango de idade para o que están destinados e tamén que cumpre co peso para o cal está previsto o sistema.

En canto aos xoguetes que se utilizan na bañeira (patitos de goma, etc.) débense limpar e secar frecuentemente para evitar a formación de fungos (desinfectarlos con lixivia periodicamente, se é posible). Se non se consegue limpar ben o xoguete é mellor substituílo.

Non se debe deixar sen supervisión ao neno na bañeira, nin baixo a supervisión dun irmán non adulto, tanto estea a utilizar xoguetes nese momento coma se non o está facendo.

Á hora de prover xoguetes para os nenos é importante obter xoguetes de confianza, principalmente os obtidos en tendas físicas de xoguetes do noso país pois cumpren coa normativa vixente.

Os xoguetes deben ter a marcado CE e cumprir coa normativa da Directiva 2009/48/CE sobre a seguridade dos xoguetes.

Á hora de elixir o xoguete adecuado á idade, é importante consultar as especificacións do fabricante, pois a idade non só indica cuan seguro é ese xoguete para o neno senón se está pensado para o seu desenvolvemento en cada etapa.

É importante non ofrecer pezas pequenas aos menores de 36 meses polo risco de asfixia.

O manexo das pilas, especialmente as pilas de botón, tamén é importante porque no caso de que o neno inxira unha pila de botón pode quedar pegada ao esófago e liberar alí o material tóxico do cal se compoñen podendo producir feridas moi graves mesmo perforación esofágica. Se o xoguete é de madeira, hai que revisar que non contén achas.

Se contén pintura ou verniz, asegurarse que non é un compoñente tóxico. Se o xoguete está roto é mellor desfacerse del xa que todas as medidas de seguridade que teñen poderían estar afectadas. Deben evitarse os xoguetes que realizan demasiado ruído (petardos), porque poden danar o oído do neno.

Hai xoguetes especialmente perigosos como os proxectís (dano ocular principalmente), frechas ou dardos (deben ter puntas brandas de cortiza ou ventosa de goma).

Os globos tamén supoñen un risco de asfixia para os máis pequenos. En canto aos xoguetes para bebés, os axóuxeres, xoguetes que se apertan e mordedores deben ter un tamaño o suficientemente grande como para que non caiban na boca do neno e así evitar que se afoguen con eles, e deben ser de fácil limpeza e materiais non tóxicos.

E o máis importante é que o xogo do neno sempre está supervisado por un adulto, xa que ás veces os nenos danlles aos xoguetes usos inesperados (sóbense encima deles, lánzanos, introdúcenllos na boca, etc.)

Os xoguetes dos nenos, especialmente os dos bebés, deben manterse limpos na medida do posible.

Os peluches deben lavarse en lavadora se é posible, porque son unha fonte de po se non se fai, e é especialmente prexudicial para os nenos que teñen alerxia aos ácaros do po.

Os xoguetes de plástico que se poidan mollar pódense lavar con auga e xabón. Se se observan manchas negras poden infectarse con fungos e nese caso haberá que utilizar lixivia para a súa desinfección (ou desinfectantes que actúen contra os fungos e que non sexan tóxicos para o bebé).

Os xoguetes que non se poden lavar, débense tentar limpar cun pano húmido.

Non é necesario esterilizar os xoguetes que se ofrecen ao bebé, pois cando un bebé manipula o xoguete, as súas mans tampouco son estériles, conteñen flora e bacterias que non forman parte da flora.