Skip to content

Receta de donuts de plátano e avea saudables para nenos e nenas

Buscas unha receita fácil e deliciosa? Estes donuts son perfectos para un almorzo ou merenda ricos en vitaminas

A combinación do plátano e a avea é perfecta para achegar a enerxía necesaria para o día a día dos máis pequenos da casa.

Con este tipo de receitas, comer froita é moito máis fácil para o teu fillo/a. Ademais, é super divertido cociñar xuntos!

Ingredientes para os donuts saudables

Para esta receita precisarás:

Preparación dos donuts de plátano e avea

Imos alá!

Pela e corta os plátanos en anacos non moi pequenos. Agora, coa axuda do teu fillo/para incorporade todos os ingredientes a unha licuadora ou vasiño de batedora.

Tritura todo moi moi ben, polo menos durante 2 minutos, así te aseguras de que os flocos de avea queden ben desfeitos.

Mentres tanto, coa axuda dun pincel, o teu pequeno/a pode ir engraxando o molde para donuts no que botaredes a masa a continuación.

Finalmente, prequenta o forno a 180º e deixa os donuts uns 15 minutos, ata que estean un pouco doraditos.

Desmolda, deixa arrefriar e a merendar!

Lembra que queremos ver vosas receitas Bebé Gadis en redes sociais co hashtag # recetasBebeGadis

Comparte esta noticia