Bebegadis

Search
Close this search box.

Xa chegou o inverno! Hai que abrigarse!

Os bebés son máis sensibles ao frío e non conservan ben a calor. Esta característica irase diluíndo a medida que medre. Debemos ter en conta que, ante o frío, o bebé avisaranos con choros pero non sucede o mesmo se ten demasiada calor. Podemos saber se ten frío ou calor polas súas meixelas; se lles falta cor temos que vestilo ou arroupalo e, se están demasiado encarnadas, debemos facer todo o contrario.

Debemos elixir prendas prácticas e cómodas. Prima que sexan fáciles de quitar e poñer para cambialo rapidamente ante unha subida ou baixada de temperatura brusca como, por exemplo, entrar nun sitio con calefacción ou saír ao frío exterior. Así, elixiremos roupa con poucos botóns: pantalóns de cintura elástica, bodys con sistemas de apertura simples…

A roupa, ademais, debe ser ampla, que non coarte os movementos. Os bodys de algodón son perfectos para a casa, o mesmo que os pixamas. Non é recomendable utilizar roupa “con pelo” como a de lá.

O Paseo

O paseo diario está recomendado tamén nos días fríos aínda que non nos anime nada facelo ou pensemos que non é adecuado para o bebé. O paseo reforza o sistema inmunolóxico e estimula os seus sentidos. Á hora de prepararnos para saír, ademais dos útiles de sempre, como toalliñas rexeitables e cueiros, debemos nutrir a nosa bolsa cun par de camisetas de algodón, uns pantalóns por se hai que cambialo e, moi importante, un gorriño. Este último artigo é moi importante. O gorro é unha prenda imprescindible no inverno, sempre debemos abrigar moi ben a cabeza do noso bebé. Elixe un tecido natural e que non lle produza proído.

Comparte esta noticia