Á hora de ir en coche co bebé débense ter en conta algúns consellos para que a viaxe transcorra o máis tranquilamente posible.
-É recomendable saír cedo para evitar as horas de máis calor. Tamén convén poñer parasoles nas fiestras traseiras. O neno non debe ir moi abrigado, xa que as cadeiras de automóbil envolven o seu corpo e desprenden calor.
-Un bebé debe beber cada media hora. Hai que levar tamén un pulverizador con auga mineral para refrescalo.
-Débense aproveitar a maioría das áreas de descanso para que o bebé tome o aire, para cambiarlle o cueiro e para que coma e beba algo. Desta forma, será máis fácil captar a súa atención para o seguinte tramo.
-Evita sempre ter ao bebé en brazos, especialmente no asento dianteiro. É imprescindible que o bebé vaia sempre nun asento adecuado ao seu peso e altura. Debe viaxar nunha cadeira de seguridade homologada e co cinto de seguridade en todo momento. A cadeira máis adecuada para os bebés cativiños é a do grupo 0: Está dirixida a bebés de ata 10 kg (uns 9 meses).
-Non se debe esquecer que os bebés tamén senten aburrimento, así que se lles deben facilitar as mellores condicións para soportar a viaxe.
-Hai que tratar de manter o horario das comidas e sono.
-A presenza dun dos pais no asento traseiro daralle seguridade e estará máis entretido.
-Se o bebé leva roupa folgada sentirase cómodo e estará máis tranquilo durante o percorrido.
-Hai que lembrar levar o seu boneco ou xoguete preferido. A música tamén o distraerá: podemos levar cancións e contos infantís.
-Tamén é necesario levar unha muda de roupa, xa que durante a ruta pode haber algún derrame de bebida ou comida encima do neno.
-Non hai que esquecer levar tamén comida e bebida en cantidade con respecto ao traxecto. Se levamos unha pequena neveira pódenos axudar a manter os alimentos frescos. Existen quentabiberóns que se enchufan no coche e que serven para quentar o biberón ou os potitos.
Seguindo todas estas pautas, teremos unha agradable viaxe en familia.