Bebegadis

Search
Close this search box.

Alimentación do bebé mes a mes

-Ata o primeiro mes: Leite a demanda (7-8 tomas ao día ou máis)

-Do primeiro ao terceiro mes: Leite a demanda (6-7 tomas ao día ou máis)

-Do terceiro ao cuarto mes: Leite a demanda (5 tomas ao día ou máis)

-O cuarto mes: Leite a demanda (4-5 tomas día ou máis). Podería ou non facer ademais unha toma de cereais sen glute.

-Quinto mes: Leite a demanda (4-5 tomas ao día ou máis). Podería ou non acompañarse dunha toma de cereal sen glute e unha papa de froitas.

-Sexto mes: Leite a demanda (4 tomas ou máis),1 ou 2 tomas de cereais (mañá e cea co leite), papa de froitas na merenda, pode acompañarse de leite, puré de verduras e polo na comida. A última toma de leite pode ser ás 3-4 horas despois da cea.

-Sétimo-Oitavo mes: Agora pode tomar cereais con glute e outras carnes diferentes ao polo. Precisamos polo menos medio litro de leite no día. O reparto diario pode ser:
Almorzo: Papa de cereais con glute ou leite materno.
Algúns poderían facer outra toma de peito.
Xantar: Puré de verduras con carne (polo, tenreira, cordeiro)
Merenda: Papa de froitas.
Cea: papa de cereais con glute ou leite materno.
Podería facer outra toma, se o neno a pide, de biberón ou peito.

-Noveno mes: Sería un reparto similar ao anterior, pódese engadir na merenda iogur con leite de fórmula adaptada. Na comida pódese introducir o pescado branco engadido ao puré de verduras para alternar co de carne. Pódese engadir uns grans de arroz ao puré. Xa pode comer algúns anaquiños de alimentos coa man.

-Décimo-onceavo mes: Introdúcese a xema de ovo cocido. O reparto diario pode ser
Almorzo: Papa de cereais con glute.
Xantar: Puré de verduras con carne ou pescado ou xema de ovo cocido.
Merenda: Froita e iogur con leite adaptado ou toma de biberón ou peito.
Cea: Puré de verduras con pescado ou xema de ovo cocido ou papa de cereais con leite.
Pode haber unha toma máis tarde de biberón ou peito.

-Doce meses. O reparto é similar ao anterior. Introdúcese a clara de ovo cocido, os legumes en pequenas cantidades (ata os 18 meses no deberían tomalos coa pel).

Se a familia ten habitudes saudables, o neno hase ir acostumando a comer variado, incorporándose á mesa familiar e aos seus hábitos de comida.

Comparte esta noticia