Bebegadis

Search
Close this search box.

Implantar hábitos alimentarios saudables nos nenos

ou os problemas cardiovasculares, por iso cada vez facemos máis fincapé na alimentación infantil. Ademais, establecer relacións sas coa comida dende cativos contribúe a previr alteracións do comportamento alimentario (como anorexia ou bulimia).
Así pois, axudarlle a instaurar hábitos alimentarios axeitados, é un dos maiores regalos de saúde que podes facerlle ao teu fillo.
Para conseguilo precisas ter os obxectivos claros e non te render nunca.

Cumprirá:

Predicar co exemplo
Se os pais teñen hábitos alimentarios saudables, o fillo ten moitas posibilidades de imitar o seu comportamento.

Facer as comidas estruturadas
A desorganización das comidas familiares xera comidas individuais, consumidas rapidamente e en función de cadanseu horario, cunha peor elección dos alimentos inxeridos.
É recomendable organizar as comidas en horarios regulares, facendo tres comidas principais e un ou dous refrixerios. Hai que evitar os petiscos, case sempre se fan con alimentos demasiado ricos en graxa, azucres e sal, ademais se petisca non ten fame nas comidas principais.
Ten en conta que o tempo dedicado ás comidas é moi importante para o benestar presente e futuro do teu fillo. No esquezamos que a maioría das alteracións alimentarias do adolescente e do adulto teñen a súa orixe na infancia.

Variedade

Se conseguimos que a alimentación sexa variada case con certeza teremos conseguido que sexa equilibrada. Temos que conseguir que coma de todos os alimentos, verduras, legumes, froita, féculas, cereais, peixe, carnes, ovos, lácteos. Non hai alimentos indispensables, só o son os nutrientes. Dentro do mesmo grupo de alimentos podemos substituír un por outro, xa que a elección de alimentos está asociada non só aos gustos senón á diversidade cultural, opcións relixiosas ou dispoñibilidade do alimento nese lugar.

Educar o padal
Educar o padal nos alimentos básicos como verduras, froita, legumes ou pescado con: variedade de presentacións, apetecibles á vista e ao olfacto, incorporación de especies e condimentos, diferentes texturas, acompañar o alimento que lle guste menos con outros que lle gusten máis, etc.
Os produtos manufacturados contan con potenciadores do sabor, que axudarán ao seu consumo por si sos.

Asegúrate sobre todo que poida elixir entre diferentes alimentos saudables, así cando queira comer absorberá os nutrientes que precisa. Desenvolve a túa creatividade, hoxe máis ca nunca temos miles de receitas ao alcance dun clic.
Hai nenos aos que lles custa máis aceptar sabores diferentes, temos que ofrecer o alimento novo moitas veces e conformarnos con que coma un bocado.

Facer da comida un momento agradable e relaxante
Debemos conseguir que a comida sexa un momento de relaxación, por exemplo, falando de cousas agradables e pracenteiras. Fomentar boas lembranzas asociados non so á comida, senón a todo o que supón a experiencia de comer. Podemos deixar que nos axuden a presentar os alimentos no prato (xogando coas cores, combinando alimentos, distintas texturas, etc), deixar que cociñen se xa son un pouco máis maiores ou que elixan a compra para unha comida concreta.
Debemos respectar o seu apetito, non é preciso que remate todo o prato.
Temos que intentar non transformar as horas das comidas nun campo de batalla, se os alimentos son variados sempre haberá algo que coma mellor.

Consumo de auga
Cómpre habitualos a beber auga, porque é a única bebida que precisan, (o leite e os zumes son alimentos líquidos, non os incluímos como bebidas).
En xeral aos nenos gústanlles moito as bebidas azucradas, se os deixamos beberán grandes cantidades e pódenlles producir caries, aumento de peso ou peor asimilación doutros nutrientes. Así que en xeral estas bebidas azucradas deben tomarse de forma excepcional e evitalas para acompañar as comidas.

Non fomentar o gusto polo salgado ou polo doce
Debemos procurar non darlles alimentos que conteñan moito azucre, que sexan salgados ou alimentos procesados que leven potenciadores de sabor, porque son gustos aos que se acostuman con facilidade e despois os outros alimentos parécenlles insípidos.

Actividade física
A actividade física é imprescindible para os nenos, porén cada vez hai máis nenos sedentarios, é unha das causas do aumento da obesidade infantil. Por iso no podemos falar de alimentación sen referirnos á importancia do exercicio para conseguir ese benestar que procuramos para os nosos fillos.

Paciencia
Os nenos teñen fases de crecemento rápido e outras máis lento, por iso non sempre teñen o mesmo apetito.
Aos 2-3 anos, poden rexeitar sistematicamente un montón de alimentos, por iso fai falta moita dedicación e seguir insistindo ata conseguir educar o seu padal.
Arredor dos 7 anos a maioría dos nenos xa comen de todo.
Ten paciencia, os gustos alimentarios do teu fillo cambiarán ao longo do tempo.

 

Comparte esta noticia