ALERXIA AO MARISCO
É pouco habitual en nenos e máis común en adultos.
O que incrementa o risco de padecer esta alerxia é ter familiares que a padezan en consumir o marisco con frecuencia.
Pódese ser alérxico a unha ou varias familias de mariscos.
Cómpre evitar non só os mariscos que producen a alerxia senón os alimentos que os poden conter como sopas, preparados para paella, sucedáneo de cangrexo, produtos que conteñan extracto de krill ou chitosán, etc.
Hai que ter coidado coa manipulación porque a proteína do marisco pode ser transportada polo aire durante a preparación doutro prato, os vapores de cocción tamén poden provocar a reacción alérxica.
ALERXIA AOS CEREAIS
Pode darse a calquera idade.
A alerxia á proteína dos cereais é diferente á intolerancia ao glute e non é unha alerxia moi frecuente.
Están producidas por proteínas que conteñen diferentes cereais (trigo, centeo, cebada, avea, millo ou trigo).
É preciso excluír da dieta os cereais que producen a alerxia e os seus derivados.
ALERXIA AOS LEGUMES
É máis habitual nos nenos que nos adultos, os legumes máis alérxicos no noso país son as lentellas e os garavanzos. Noutros países é máis habitual o cacahuete. Existen diferenzas xeográficas porque as alerxias están relacionadas coa frecuencia de consumo.
A alerxia aos legumes non desaparece cando se cociñan (é dicir, con calor), mesmo pode aumentar como no caso do cacahuete que é máis alérxeno o tostado que o cru.
A alerxia á soia pode dar reaccións cruzadas con outros legumes (mesmo o cacahuete). Tamén se describiu a reacción cruzada coas proteínas do leite.
Como noutros casos hai que eliminar o alimento que produce a alerxia e eliminar os alimentos que poidan contela, hai que buscar nas etiquetaxes, no caso da soia e os cacahuetes poden atoparse en moitos alimentos.
A soia pódese atopar como: soia fermentada, fariña de soia, salsa de soia ou tamari, bebida de soia, tempeh, tofu, hidrolizados de proteína de soia, caldo vexetal, gomas vexetais, amidón vexetal, aceite vexetal, sucedáneos de carne (salchichas, hamburguesas e patés).
ALERXIAS AOS FROITOS SECOS
Os froitos secos son quen de dar reaccións graves mesmo en cantidades traza. Estas reaccións graves pódense producir en nenos durante o primeiro contacto co froito seco. Por iso en nenos que xa presentan outras alerxias ou teñen antecedentes de alerxia é preferíbel retrasar a introdución.
Os cacahuetes, aínda que botanicamente son un legume dan reaccións similares aos froitos secos. Quen presenta alerxia a un froito seco acostuma presentalo a outros, polo que é mellor evitalos todos.
Podemos atopalos nos etiquetados como: améndoas, anacardios, abelás, pipas de xirasol, pistachos, piñóns, castañas, noces, mazapán/pasta de améndoa, turrón, bombóns, manteiga ou aceite de froitos secos, crema de cacao, en salsas como grellada, pesto, salsa inglesa, etc.
ALERXIA Á FROITA E HORTALIZAS
En nenos menores de 5 anos a alerxia máis frecuente é a do ovo, o leite e o pescado, en maiores deste idade a alerxia á froita pasa a ser a alerxia máis frecuente.
Os síntomas aparecen de xeito inmediato e pode dar unha reacción anafiláctica grave. Ademais de que pode estar asociada á alerxia ao pole.
Cómpre evitar completamente os alimentos que a producen
Pode haber froita en:
Zumes, macedonias, aromas, sobremesas lácteas enriquecidas con froita, tarriños, cereais, chocolates, tortas, pan, xeados, xelatinas (con froita) ou froita confeitada e desecada.
Entre as alerxias ás hortalizas destaca a alerxia ao apio e produtos derivados, tanto a planta como os brotes da raíz considéranse alérxenos.
Mostaza: considérase un alérxeno toda a planta, tanto as follas como o talo e as sementes.
O sésamo posúe reactividade cruzada cos froitos secos, a soia e o cacahuete. Pode causar reaccións adversas moi graves.