Bebegadis

Search
Close this search box.

Intolerancias alimentarias

 

As máis habituais son:

A intolerancia á lactosa

As persoas que a sofren teñen déficit da encima lactase, polo que non son quen de hidrolizar a lactosa inxerida. Cursa con síntomas como: diarrea, dor abdominal e produción de gases.

Hai diferentes graos de intolerancia. Algúns toleran pequenas cantidades de leite, neses casos nos que son pouco intolerantes poden tomar iogur ou queixo, quen ten menos lactosa.

Se hai que excluír completamente o leite e os produtos lácteos, pódese consumir leite ao que se hidrolizase a lactosa previamente: é o leite sen lactosa, ou queixos, iogures, batidos tamén sen lactosa.

Existe unha gran cantidade de alimentos que poden conter lactosa como biscoitos, galletas, embutidos, docería ou alimentos que levan aditivos como: os sólidos lácteos, lactitol, soro, callo, callada, graxas do leite, azucre de leite, etc.

Cómpre estar atentos e ler os etiquetados, sobre todo en suxeitos moi intolerantes.

A intolerancia ao glute

É unha enfermidade de carácter permanente que provoca, en individuos xeneticamente predispostos, unha atrofia da peluxe do intestino delgado, que afecta á capacidade de absorber os nutrientes dos alimentos. A sensibilidade ao glute é variable entre os individuos celíacos.

Débense evitar os cereais que conteñen glute: trigo, cebada, centeo, avea, espelta, kamut ou triticale e todos sos seus derivados como fariñas, amidóns, sémolas bebidas, etc. Hai alimentos con elevado risco de conter glute: embutidos, patés, salsas preparadas, sopas de sobre ou sobremesas preparadas.

Os produtos frescos que de xeito natural non teñen glute son:

Leite, queixo, requeixo, nata, iogures naturais, callada, todo tipo de carnes frescas e conxeladas, embutidos (chacina, xamón curado), pescado fresco e conxelado, marisco fresco e en conserva, ovos, verduras, hortalizas, patacas, froitas, arroz, millo e tapioca e os seus derivados. Outros dos alimentos libres de glute son os legumes, os aceites, a manteiga e os froitos secos crus.

Cada ano FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España) confecciona a lista de alimentos aptos para celíacos (www.celiacos.org) e ten unha versión para os nenos: a Chiquilista.

De todas formas é conveniente ler sempre a etiqueta porque o fabricante podería cambiar a composición dalgún produto sen avisar a FACE.

Comparte esta noticia