A xelatina é unha boa opción de merenda de verán. Sérvese fría, é saciante e favorece a dixestión. Ademais de ter un gran sabor, as xelatinas son moi coloridas, algo que vai chamar a atención dos/as nosos/as peques.
A receita que vos traemos hoxe vailles sorprender, pois imos empregar a propia pel da laranxa para o envase.
O ingrediente principal, as laranxas!
As laranxas son unha das froitas con maiores beneficios nutricionais para os nosos/as peques. Conteñen moita auga, o cal é moi importante coa chegada do verán e as altas temperaturas, axudando así a completar a hidratación diaria necesaria.
Ademais, contén numerosos minerais e vitaminas para garantir unha nutrición do máis completa que vai axudar a manter as defensas dos máis peques da casa. Recoméndase engadir esta froita na dieta dos/as nenos/as unha vez cumpran os seis meses.
Elaboración das laranxas de xelatina
Esta receita de xelatina natural é tan sinxela que os/as máis pequenos/as poden participar na súa elaboración.
Preparación das follas de xelatina
Para empregar follas de xelatina temos que hidratalas durante 5 minutos, aproximadamente, con auga fría.
E, mentres deixas repousar as follas nun bol, podes ir avanzando cos seguintes pasos.
A preparar os nosos recipientes naturais!
Neste fogar aproveitase todo!
Como recipiente para as nosas xelatinas imos empregar as propias peles das laranxas. É por iso que debemos lavalas ben e tentar cortalas xusto pola metade.
Para non derramar a xelatina cando estea feita, podes colocar as peles nun vasiño ou nunha bandexa para facer madalenas.
A espremer!
O seguinte paso é espremer todo o zume das laranxas para poder facer a xelatina. Unha vez espremidas, debes mesturar o zume de laranxa co edulcorante. Cunha culler, retira os restos que quedaron na casca para deixala totalmente limpa.
A fabricar xelatina
Para facer a xelatina, primeiro pon un cazo cos 25ml de auga. Cando comece a ferver, engade as follas de xelatina previamente hidratadas e escorregadas e reméxeas ata que se fundan.
O seguinte paso é botar a xelatina no zume de laranxa e remexer ata conseguir unha mestura homoxénea. Logo, verte a mestura nas peles das laranxas e introdúceas no refrixerador un mínimo de 2 horas, ata que vexas que a xelatina callou.
Como comer a xelatina de laranxa
Unha vez estea callada, estará lista para comer. Si media laranxa é moito para o/a teu/túa peque, podes cortalo en segmentos que non se vai romper. A maneira máis sinxela de comer esta xelatina é cunha culler.
Se probades no fogar a facer esta receita tan nutritiva á par que saborosa, non dubidedes en sacarvos unha foto e compartila nas redes co noso hashtag #RecetasBebéGadis!