Bebegadis

Search
Close this search box.

Receita muffins de cenoria saudable

No artigo de hoxe traémosvos unha receita deliciosa e lixeira que pode valer tanto para a merenda da media-mañá como para a tarde. Trátase duns muffins de cenoria saudables que, ademais, podes deixalos feitos a noite anterior e así erguerte con maior tranquilidade ao día seguinte.

Aínda que semelle un muffin salgado, engadirémoslle un plátano maduro que lle dará ese toque doce que ao noso peque lle encantará.

Muffins saudables para merendar

Esta receita de muffins saudables é unha boa alternativa para que os peques da casa coman froita e verdura dunha maneira orixinal e sen apenas darse conta. Con ela tamén aprenderán que os vexetais poden formar parte das súas merendas doces e que estas seguirán estando igual de ricas.

Como se elaboran

Aínda que a súa elaboración pode resultar algo complexa, pode ser un plan de tarde que facer cos teus peques, xa que eles poden axudar coa elaboración da masa.

Os ingredientes que precisamos para estes muffins saudables sen azucre son:

Con estas cantidades, o número de muffins que vos sairán serán entre 6 e 9.

Elaboramos a masa

Botamos nun bol AOVE e engadimos un a un os ovos mentres batemos sen parar. A continuación, preparamos as cenorias.

Pelamos, lavamos e relamos as cenorias e botámolas nun bol coa mestura. Remexemos todo ben ata que quede homoxénea. A cenoria podemos deixala relada para que se noten os anacos ou triturala.

Volvemos deixar a un lado a mestura, e machucamos o plátano cun garfo. Ao estar moi maduro, este vaise desfacer case ao pelalo. Cando teña un aspecto que semelle un puré, engadímolo ao bol e volvemos remexer ben a mestura.

Collemos outro bol e engadímoslle a fariña, o lévedo, a canela, a noz moscada e o cravo moído. Mesturamos todo ata que estean ben unificados.

O último paso para crear a masa dos nosos muffins é mesturar o contido destes dous boles. Para este paso podes pedirlle axuda ao teu peque, seguro que lle encantará ensuciar as mans! Unha vez estean as dúas mesturas en unha, remexemos ben ata formar unha masa homoxénea.

Que medren eses muffins

Mentres botamos a mestura nos moldes de madalenas podemos ir pre-quentando o forno a 180ºC.

Cando todo estea preparado, introducimos a bandexa no forno, durante uns 25 minutos aproximadamente, vixiando cada pouco tempo se están feitos para que non queden secos, ou, polo contrario, crus por dentro.

Pasado o tempo e ollado que estean listos, retirámolos do forno e deixamos arrefriar. Unha vez fríos, retiramos os moldes e deixamos os muffins nunha bandexa.

A gozar dunha maneira saudable

Estes muffins de cenoria son a merenda perfecta para que o teu peque goce dunha pequena autonomía, xa que poderá comelos el/ela só/soa coas mans ao non ser un alimento que precise ser pelado ou cortado, como a froita, ou manipulado por un adulto, como pode ser un iogur.

Dende Bebé Gadis queremos ver como os peques se poñen mans á masa e gozan dunha rica merenda. Colga as túas foros co hashtag #ReceitasBebeGadis, e a pasalo en grande!

Comparte esta noticia