Pasar tempo de calidade en familia facendo plans divertidos cos máis pequenos é o mellor plan que pode haber.
A natureza ofrece infinitas oportunidades para explorar, aprender e crear recordos familiares que os peques lembrarán con alegría e cariño. Dende gozar da praia ata facer excursións pola natureza, hai infinidade de plans que se poden facer ao aire libre.
Coas vacacións de semana santa á volta da esquina, no blog de hoxe propoñémosvos diversas actividades para facer na natureza no mes de marzo. Seguro que lles encantarán!
Rutas de sendeirismo
Se os teus peques son auténticos aventureiros, podes adentrarte na natureza e facer con eles pequenas rutas de sendeirismo onde desfrutar de paisaxes únicas lonxe do ruído da cidade. Esta actividade é unha boa iniciativa para manter activos aos máis pequenos e crear hábitos saudables onde desenvolver a súa motricidade.
Non só promove un estilo de vida saudable, senón que fortalece os lazos familiares e é unha boa oportunidade para educalos sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Hai que ter en conta a dificultade, a distancia e o ritmo a levar na ruta, xa que os nenos teñen capacidades máis limitadas que os adultos.
Para pasar un divertido día de sendeirismo para os peques, planifica actividades que podes facer durante o percorrido, como unha xincana ou xogos visuais, como vexo-vexo ou adiviñanzas. Camiñar durante horas pode ser fatigante para moitos nenos, pero se fas pequenas actividades como estas, o tempo pasaralles voando.
Ademais dos xogos para mantelos entretidos, é moi importante ir ben equipados para satisfacer todas as súas demandas. Leva auga e comida dabondo para a viaxe, improvisando unha pequena comida nunha parada ou un pícnic nunha zona verde.
Algunhas das rutas que aconsellamos dende Bebé Gadis aptas para facer con nenos pola súa baixa dificultade son:
Galicia
Senda Mitolóxica Monte Viso en Santiago de Compostela
Ruta de Santo Adrián en Malpica (A Coruña)
Castilla y León
Ruta de sendeirismo El Faedo de Ciñera
Senda de las Valiñas – Las Médulas
Todas elas en León
Podes atopar todos os alimentos, produtos de limpeza e coidado persoal mencionados e moitos máis no teu supermercado Gadis máis próximo.
Deportes de aventura
As actividades de aventura son deportes ao aire libre para divertirse en familia. Entre as actividades que poden facer os nosos peques, independentemente da súa idade, están os parques multiaventura.
Como o seu nome indica, estes parques contan, nun mesmo espazo, con multitude de actividades aptas para todas as idades. Dende cordas tirolesas quilométricas ata paredes de escalada, toda a familia poderá participar nas actividades, que se atopan supervisadas por persoal especializado. Ós nenos gustaranlles todas as actividades cheas de adrenalina e diversión. Ademais, é un espazo onde coñecerán a outros nenos e mellorarán as súas habilidades sociais e comunicativas.
Estes parques adoitan estar situados en pasaxes naturais onde tamén se pode gozar da contorna. É un plan ideal para pasar a tarde en familia mentres se practica un deporte diferente. Despois das actividades, poderás dar un paseo preto do parque, admirando a paisaxe natural.
Algúns dos parques multiaventura que che aconsellamos probar en familia:
Galicia
Galipark multiaventura en Padrón
Castilla y León
Parque de aventuras Pinocio en Segovia
Bosque de aventuras El Amogable en Soria.
Este último conta cun circuíto apto para persoas con discapacidade.
Os parques de aventura adoitan proporcionar todo o necesario para a realización das actividades: arnés, casco, xeonlleiras, etc.
Lembra que todos os alimentos, produtos de limpeza e coidado persoal mencionados e moitos máis podes atopalos no teu supermercado Gadis máis próximo.
Tarde de actividades nun parque natural
Os parques naturais son auténticos tesouros de biodiversidade cunha variedade de espazos para facer actividades en familia ao aire libre e onde os máis pequenos experimentarán co medio ambiente. Dende andainas relaxadas ata miradoiros con vistas inigualables, estes lugares resultan seguros e emocionantes para que os nenos exploren e coñezan a natureza.
Nestes parques, os peques da casa descubrirán novas especies de plantas e animais, pero tamén poderán practicar diferentes deportes, segundo o espazo natural.
Para os máis pequenos, prepara unha especie de circuíto onde se estimulen os seus sentidos ao estar en pleno contacto coa natureza. Tanto se están gateando ou comezando a andar, tocarán follas, saltarán nunha poza ou collerán unha póla que lles axudará a mellorar o seu desenvolvemento.
Para os maiores, crea unha procura do tesouro onde os nenos coñezan a contorna xogando. Tocar e levantar pedras, mover un pau ou buscar entre as follas serán algunhas das actividades que terán que realizar se queren a súa recompensa.
Ademais, a maioría dos parques contan con espazos onde poder comer, con mesas, para que poidas preparar un pícnic. Na nosa páxina de receitas atoparás ideas rápidas e sinxelas para gozar dunha deliciosa e saudable comida fóra da casa. Coñece todo o que che podemos ofrecer!
E, se visitas ou es de Galicia, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas é un tesouro natural con infinidade de lugares para explorar. Ao planificar unha excursión a calquera delas, os nenos poderán descubrir novos ambientes mariños, observar aves e explorar praias idílicas. Xa só a viaxe a calquera illa será unha aventura para os máis pequenos.
Outros espazos naturais dos que podes gozar son:
Galicia
Parque Natural de Fragas do Eume en Pontedeume
Parque Natural Monte Aloia en Tui
Castilla y León
Parque Natural do Lago de Sanabria en Zamora
Parque Natural Lagoas Glaciares de Neila en Burgos
Busca o teu supermercado Gadis máis próximo para mercar os produtos que necesitas.
Plans para gozar con toda a familia
Nestas vacacións de semana santa, coñece a natureza cos máis pequenos e crea recordos inesquecibles mentres exploran novos lugares e gozan de emocionantes actividades ao aire libre. A natureza ofrece infinidade de opcións para pasar tempo en familia, prepárate para unha aventura inesquecible!