Bebegadis

Search
Close this search box.

Volta ao cole con Bebé Gadis. Consellos para axudarlles na transición a primaria

Coa volta ao cole, moitos dos nosos peques enfróntanse a unha nova e importante etapa na súa vida: a transición de infantil a primaria. Sabemos que este é un momento cheo de emocións para todos e, por iso, dende Bebé Gadis queremos compartir contigo algúns consellos prácticos que poden axudarche a preparar ao teu fillo para este novo desafío escolar.

Que supón esta nova etapa nas súas vidas

A transición de infantil a primaria é un acontecemento importante na vida dun neno, e debemos xestionalo de maneira progresiva. Este cambio non só implica un novo entorno escolar, senón tamén un incremento nas obrigacións académicas e sociais.

Os nenos pasan dun modelo de aprendizaxe máis lúdico a un máis estruturado, onde se pide que teñan máis independencia e responsabilidade.

Este momento pode ser todo un reto porque supón unha ruptura co que xa coñecen. Os peques enfróntanse a novas materias, mestres, compañeiros e normas. Por iso, preparalos axeitadamente é crucial para que afronten esta etapa con seguridade e motivación.

Como axudalos na transición traballando con eles no fogar

Para facilitar este cambio, é esencial brindarlles apoio no fogar, proporcionándolles as ferramentas necesarias para adaptarse a esta nova realidade escolar.

A continuación, ofrecémosche algúns consellos para acompañalos neste proceso:

Fomentar a súa autonomía

Unha das novas máis significativos ao pasar de infantil a primaria é a maior independencia que se agarda dos peques. Podes axudarlles asignándolles pequenas responsabilidades na casa, como facer a mochila ou elixir a súa roupa.

Isto non só aumentará a confianza e a seguridade en si mesmos, senón que tamén lles ensinará a ser máis organizados e responsables, destrezas moi importantes para esta nova etapa.

Reforza as súas habilidades sociais

En primaria, as interaccións sociais intensifícanse. Os grupos nas aulas son maiores, e os peques relaciónanse con compañeiros de diferentes idades no recreo e noutras actividades.

Por iso, é un bo momento para traballar e reforzar a resolución de conflitos, a empatía e o traballo en equipo. Podes facelo con xogos en grupo, actividades extraescolares ou sinxelamente falando con eles sobre como foi o seu día.

Crea unha rutina de estudo

A primaria implica novas responsabilidades académicas, como as tarefas. Establecer unha rutina de estudo dende o inicio é fundamental. Atopa un espazo tranquilo na casa onde poidan facer as súas tarefas e fixa un horario regular para que se acostumen.

Ao principio, acompáñaos para guialos e asegurarte de que comprenden o que teñen que facer, pero, pouco a pouco , deixa que traballen de maneira máis independente para potenciar a súa autonomía.

Traballa a súa capacidade de atención e concentración

Nesta nova etapa educativa, os peques precisarán desenvolver unha maior capacidade de atención e concentración, como manterse sentados ou respectar as quenda na aula.

Os xogos de mesa poden ser unha excelente ferramenta educativa, xa que requiren paciencia e concentración. Estes non só ofrecen un momento de diversión en familia, senón que tamén ensinan aos nenos a respectar os tempos, seguir regras e a desenvolver habilidades cognitivas que lles serán de gran axuda.

Apóiao na xestión e expresión das súas emocións e necesidades

O cambio pode xerar estrés, polo que é esencial que aprendan a recoñecer e xestionar as súas emocións. Axúdaos a identificar o que senten e proporciónalles un entorno seguro no que facer fronte aos seus medos.

Tamén é moi importante que desenvolvan a capacidade de comunicar as súas necesidades e dúbidas, como pedir permiso para ir ao baño ou facer preguntas sobre o que non entenden. Este proceso reforzará a confianza en si mesmos e a súa autoestima.

O papel do xogo na adaptación a primaria

Como mencionamos ao largo deste blog, o xogo continúa sendo unha ferramenta poderosa para a aprendizaxe e a adaptación. Os peques exploran situacións novas, expresan as súas emocións e desenvolven habilidades clave nun entorno seguro e controlado.

Xogos de rol

Xogar “á escola” na casa pode axudalos a familiarizase co que lles agarda na primaria. Deixa que asuman diferentes roles, como o do mestre ou alumno, para que se sintan cómodos coas novas dinámicas.

Xogos de mesa educativos

Engade xogos de mesa que reforcen conceptos como os números, as letras e a lóxica. Estes, ademais de educativos, tamén traballan a paciencia, a cooperación e o respecto polas normas.

Actividades ao aire libre

Non esquezas a importancia do xogo físico. Actividades como correr, saltar ou xogar no parque son esenciais para a saúde física e axudan a liberar enerxía e estrés, mellorando así a concentración nas tarefas escolares.

Prepara a volta ao cole con Bebé Gadis

Preparar aos nenos para a transición a primaria require tempo e paciencia. Ao traballar a súa autonomía, apoiar a xestión das súas emocións e empregar recursos como os xogos de mesa para desenvolver habilidades esenciais, estamos contribuíndo ao seu crecemento integral.

Lembra que cada peque é único e que, con traballo e apoio, esta nova etapa pode ser unha oportunidade para que desenvolva confianza en si mesmo e amor pola aprendizaxe.

E, se estás buscando novas ideas de merendas para que leven ao cole, podes botarlle un ollo ao noso blog “Ideas de merendas saudables para levar ao cole”.

Dende Bebé Gadis, acompañámoste neste emocionante camiño cara o crecemento e a aprendizaxe!

Comparte esta noticia