Bebegadis

Search
Close this search box.

Alerxias alimentarias máis frecuentes

ALERXIA AO OVO:

Pode estar producida por proteínas da clara ou da xema (por iso algúns toleran a xema cocida). Cómpre evitar os alimentos que o conteñen, eliminándoos completamente. Pode estar oculto noutros alimentos e en pequenas cantidades non declaradas. Hai que ter en conta a contaminación cruzada, tanto na industria como na casa.

Nos etiquetados poden figurar como: albumina, ovo (clara, xema, desecado en po, sólidos de ovo) maionesa, livetina, lisozima, ovoalbumina, ovomucina, ovomucoide, vitelina, coagulante, emulsificante, ovomucoide E-161b (luteína, pigmento amarelo), lecitina, globulina, etc.

Hai que eliminar os alimentos que conteñan ovo e ademais aprender a atopar nos etiquetados os ingredientes que identifican a súa presenza, mesmo aqueles que poden estar fabricados ou non a partir do ovo (lecitina, aroma natural, etc)

Os alimentos nos que pode estar presente son:

Pastelaría, doces, follados, rebozados, caramelos, turróns, flans, cremas, xeados, merengues, maionesa, pastas ao ovo, tarriños, preparados rebozados, algúns embutidos, algún pan rallado, sopas, consomés e purés preparados, lecitina (non de soia).

É obrigatorio declarar no etiquetado todo o que contén ovo e derivados do ovo.

ALERXIAS AO PESCADO

Abarca dúas formas diferentes:

1-Pode ser debida ás súas proteínas ou á histamina que pode conter.
Habería que eliminar o peixe causante e os seus derivados. Hai que ter en conta que a proteína de pescado pode transportarse polo aire durante a preparación dos pratos, tamén podería haber contaminación cruzada co aceite, as fritideiras ou as pranchas onde se cociña o peixe. Así poderían comer outros produtos do mar (gambas, luras, mexillóns, etc) pero que non fose mesturados co pescado.

Hai moitos alimentos preparados nos que pode haber restos da proteína do pescado: sopas, caldos, preparados para paella, pizza, sucedáneo de cangrexos, xelatinas, produtos enriquecidos con omega 3 procedente do peixe, fariñas de peixe, polos que coman fariñas de peixe.

Debe figurar tamén na etiquetaxe.

2-A alerxia ao pescado tamén pode estar producida polo anisakis, esta parasito non só pode producir problemas dixestivos, senón que nalgúns casos pode dar alerxia.

Todos os animais mariños que se alimentan de plancto poden contelo. Agora é obrigatorio que todos os establecementos que sirvan comina en preparacións crúas ou practicamente crúas, conxelen o pescado, a temperaturas iguais ou inferiores a -20ºC durante polo menos 24horas (mellor 72 horas).

Os alérxicos ao anisakis poden comer peixe de río: troita, perca…

ALERXIA ÁS PROTEÍNAS DO LEITE DE VACA

Pode ser debida a proteínas do leite (caseína) e do soro (soroproteína). Aproximadamente o 87% dos nenos curan á idade de tres anos.

É diferente á intolerancia á lactosa, aínda que se pode asociar con frecuencia a ela, por iso nas primeiras fases acostúmase eliminar tamén a lactosa.

Existe unha reactividade cruzada coas proteínas do leite doutros mamíferos como a cabra e a ovella, por iso é mellor eliminalas, xunto co leite de vaca e todos os seus derivados.

Na etiquetaxe de diferentes alimentos pode figurar como: manteiga, aroma de manteiga, crema agre, queixo, caseína, caseinatos (de calcio, magnesio, potasio e sodio), hidrolizados (de caseína, de leite, de proteínas de leite e soro), lactoalbumina, lactoglobulina, lactosa, lactulosa, sólidos lácteos, leite en po, sólidos lácteos non graxos, soro, soroproteínas, iogur, etc

Non só nos lácteos podemos atopar estas proteínas tamén poden estar en:
Produtos de panadería, pastelaría, docería, algúns tarriños, papas e cereais, algúns embutidos, caldos e sopas de sobre, graxas animais e proteínas animais, prebes, goma de mascar ou pasta de dentes con recaldent (contén un derivado da caseína), etc.

Comparte esta noticia