Bebegadis

Search
Close this search box.

Elixir o cueiro adecuado para o noso bebé

Cando o bebé acaba de nacer, hai que ter en conta que o embigo se atopa en proceso de curación, polo cal é recomendable buscar un cueiro que non o magoe. Outro factor a ter en conta neste período é que preveña os “escapes”, xa que as súas feces son máis líquidas.

Actualmente existe no mercado unha enorme variedade de cueiros. Entre eles
atopamos os desbotables, os ecolóxicos, os lavables,… Debemos descubrir cal é o que mellor se axeita ás necesidades do noso cativo.

Normalmente aconséllanse os cueiros de tea porque teñen maior capacidade de absorción e adoitan contar con núcleos dun poliuretano que retén os líquidos no centro.

A seguir facemos unha breve descrición dos tipos de cueiros máis utilizados:

– Cueiros desbotables: É o produto más elixido por nais e pais, posto que é unha das alternativas más apropiadas en canto a custo. En Gadis poderás atopar unha ampla variedade deste tipo de cueiros.

– Cueiros lavables: Son parecidos aos que se usaban antano coa diferenza de que brindan unha mellor protección grazas aos materiais utilizados. Están compostos por unha braga de algodón e inclúen unha capa absorbente e un papel para as feces.

– Cueiros ecolóxicos: Trátase de cueiros lavables ou reciclables fabricados con algodón ecolóxico ou con materias primas biodegradables. O seu maior inconveniente é o seu elevado prezo.

Cando o bebé pesa entre 5 e 10 kg está nunha etapa na que aínda dorme moito, polo cal o cueiro más apropiado será aquel que teña unhas barreiras nos estremos que o cubran de xeito eficaz, de modo que as feces non poidan escapar polos laterais.

Cando o bebé pese entre 9 e 14 kg estará na etapa na que empeza a investigar a súa contorna. Probablemente vai agatuñar e, por ese motivo, o grao de absorción do cueiro será fundamental. Os alimentos terán variado e as súas feces serán máis consistentes.

Unha vez cumprido o ano, o bebé xa empeza a camiñar. Por iso, a anatomía do cueiro será o máis importante. Existen cueiros que facilitan a aprendizaxe á hora de dar os seus primeiros pasos, porque son como roupa interior.

Algúns factores a ter en conta:

– Antes de comprar un cueiro cómpre asegurármonos de que corresponda ao peso do bebé.
– Hai que prestar atención á velocidade de absorción e capacidade de manter seca a superficie.
– A máis capacidade de absorción, menor será a frecuencia para cambiar o bebé.
– É aconsellable cambiar o cueiro a intervalos de tempo razoables para evitar rozaduras e irritacións.

Seguindo estes consellos o bebé estará máis cómodo e vós máis tranquilos.

Comparte esta noticia