Skip to content

Facer a maleta para levar o día do parto

A maleta para a nai:

-Historia do embarazo (analíticas, ecografías, etc.)
-Tarxeta sanitaria ou a do seguro se é unha clínica privada
-DNI
-Neceser con todo o necesario para o aseo persoal
-Bata fina e zapatillas cómodas sen fibelas nin cordóns

Se temos intención de darlle o peito ao bebé:

-Camisóns abertos por diante (dous ou tres)
-Suxeitadores de lactación, cómodos e se é posible de algodón
-Discos protectores de lactación
-Crema de lanolina para as mamilas para evitar as gretas
-Tres ou catro braguiñas desbotables ou dun só uso para maior comodidade
-Barra de labios hidratante
-Abanico (pásase moita calor)

En calquera supermercado Gadis poderás atopar moitos destes artigos das mellores marcas do mercado e aos mellores prezos. Se necesitas información dalgún dos produtos non dubides en preguntar nalgún dos nosos establecementos; alí poderanche aconsellar e axudarche na mellor elección.

Que é o que non se debe levar?

-As uñas pintadas (nin das mans nin dos pés)
-Pintura ou maquillaxe que se poida modificar coa calor ou o esforzo
-Obxectos de valor (aneis, pendentes, cadeas, reloxos, pulseiras, etc.)
-Obxectos metálicos antes de entrar aos paritorios (aneis, cadeas, pulseiras, piercings…)

A maleta para o bebé:

Unha vez preparada a maleta da nai débese pensar en cousas que lle farán falta ao bebé. No hospital normalmente proporciónase todo o necesario para a estancia alí (roupa, mantas, cueiros…) pero se queremos que o bebé estea máis cómodo o que temos que levar é:

-Polo menos 4 bodys e cueiros de inicio, por se acaso.
-Un traxeciño para o día que nos vaiamos a casa.
-Unha touca para que non pase frío ao saír á rúa.
-Gorro, calcetíns e luvas: os bebés perden moito calor pola cabeza, mans e pés.
-Crema hidratante.
-Toalliñas, crema protectora para a zona do cueiro, xabón, cepillo para bebés e colonia.

É aconsellable ter a man os números de teléfono do médico, o hospital ou a clínica e os familiares máis próximos con antelación. Tratar de ter todo ao alcance, contando sempre cun plan de urxencia.

Algo que agradeceredes levar tamén é unha cámara de fotos ou vídeo para ter o voso primeiro recordo familiar.

En canto naza o teu bebé non esquezas achegarte a Gadis porque che imos regalar unha magnífica cestiña con produtos moi útiles para o coidado do cativo.

Comparte esta noticia