Bebegadis

Search
Close this search box.

Receita de galletas de Nadal sen azucre

Achégase a época máis máxica do ano, o Nadal! A todos/as os/as peques encántalles e tamén a moitos maiores. Todos/as gozamos de ter a casa chea de seres queridos nestas datas e se temos nenos/as a ilusión é moito maior!

Sen dúbida, nesta época todos/as gozamos moito das comidas de Nadal como, por exemplo, as galletas que che imos ensinar a cociñar hoxe. Alá imos!

Preparación das galletas:

En primeiro lugar, imos preparar o noso edulcorante natural. Collemos un cunco pequeno e botamos os dátiles sen óso. Cubrimos con auga e metemos ao microondas 2 minutos. Despois, tiramos a auga.

Noutro recipiente botamos os dátiles, o AOVE, un chisco de sal e un ovo, e batemos todo. Incorporamos a fariña de améndoa e a de avea ou espelta e seguimos batendo ata conseguir unha masa húmida. Se se pega moito podemos engadir un pouco máis de fariña.

A estirar!

Agora vén a parte máis divertida para ti e o/a teu/túa peque! Coloca a masa entre dous papeis de forno engraxados e aplana coa axuda dun rodete ata que teña 1cm de grosor, podes deixarlle ao/a teu/túa peque que che axude a estirar, seguro que lle encanta empuxar o rodete contigo!

Fai as túas figuras favoritas!

Cando xa teñades unha prancha lisiña coa vosa masa de galleta é hora de coller os moldes de Nadal e facer as vosas formas favoritas. Mentres facedes isto podes ir poñendo a prequentar o forno a 180º arriba e abaixo.

Ide collendo con coidado cada galleta e colocádea na bandexa do forno sobre un dos papeis que tiñamos engraxados.

Enfornado

Bate o ovo que quedaba e pinta as galletas. Leva ao forno 15 minutos, e listo!

Para os máis chocolateiros

Se es fan do chocolate, derrete o teu favorito ao baño María e decora as túas galletas como máis che guste. Logo déixaas na neveira para que o chocolate se endureza.

Estamos seguros de que esta receita vai triunfar na túa casa, é ideal para acompañar o almorzo, a merenda ou para picar de sobremesa nalgunha celebración de Nadal. Ademais, son súper saudables xa que non conteñen azucre nin graxa.

Adorna a túa mesa de Nadal con estas galletas e comparte momentos inesquecibles na cociña co/a teu/túa peque, pasarédelo en grande e ademais poñerédesvos as botas!

galletas navidad sin azúcar

Comparte esta noticia