O Nadal é unha época chea de maxia, tradicións e momentos especiais en familia. Unha das actividades máis divertidas para facer nestas vacacións é preparar deliciosas sobremesas de Nadal xuntos. Aos máis pequenos encantaralles a oportunidade de mancharse as mans mentres se divirten na cociña creando estes doces.
Non obstante, cando hai intolerancias ao glute ou á lactosa, atopar receitas que poidan desfrutar todos pode parecer un reto.
Por iso, dende Bebé Gadis, traemos, un ano máis, tres opcións sinxelas, saudables e saborosas, aptas para todos. Están para lamber os dedos!
Trufas de chocolate
Estas trufas son o doce perfecto se buscas algo sinxelo e delicioso.
Con poucos ingredientes, os nenos poderán involucrarse en cada paso, en especial cando chegue o momento de formar as boliñas!
Os ingredientes que precisamos son:
Comezamos quentando o leite de coco a lume medio, sen que chegue a ferver, mentres picamos o chocolate.
Cando o leite estea quente, engadimos o chocolate e remexemos ata obter unha mestura homoxénea. Deixamos arrefriar durante uns 15 minutos e logo metemos a mestura na neveira polo menos 2 horas, ata que teña unha consistencia manexable.
Agora toca a parte máis divertida. Coa masa lista, comezamos a formar pequenas bolas. Aconsellámosvos que untedes as mans en AOVE para manexalas máis facilmente e evitar que se vos peguen.
Colocámolas nunha bandexa e, cando as teñamos, rebozámolas en cacao en po, coco relado ou améndoas trituradas, como ti prefiras.
Galletas de xenxibre
As galletas de xenxibre son un clásico do Nadal. Esta versión sen glute é perfecta para os peques con intolerancias, pero sen perder nin un ápice do seu sabor e textura.
Os ingredientes que precisamos son:
Nun bol grande, mesturamos a fariña de garavanzo, a fariña de améndoas e a fariña de millo. Engadimos o edulcorante, o xenxibre en po e o sal, e remexemos ben para asegurarnos de que todos os ingredientes queden ben integrados.
En outro bol, incorporamos os líquidos: o AOVE, a bebida vexetal e o mel. Mesturamos e, unha vez estea todo ben integrado, vertemos esa mestura sobre os ingredientes secos. Cunha espátula ou, mellor aínda, empregando as mans, amasamos ata conseguir unha masa homoxénea. É o momento perfecto para que os peques se divirtan axudando!
Ao non levar ovo cru, podemos probar a masa para axustala ao gusto, engadindo máis edulcorante se o desexamos.
Cando teñamos a masa lista, facemos pequenas bolas e envolvémolas en film transparente. Logo, metémolas na neveira entre 15 e 30 minutos. Aproveitamos ese tempo para prequentar o forno a 180ºC.
Unha vez pasado o tempo de repouso, sacamos as bolas da neveira e esmagámolas lixeiramente. Colocamos cada porción entre dous anacos de papel vexetal para estiralas sen que se peguen. Se non temos papel vexetal, podemos esparexer un pouco de fariña de millo sobre a superficie de traballo. Estendemos a masa ata obter un grosor duns 5mm e comezamos a darlles forma con moldes ou corta pastas, será unha das partes favoritas dos peques!
Metémolas no forno a 180ºC uns 12-15 minutos ou ata que vexamos que teñen un bonito ton dourado. Quedarán crocantes e saborosas!
Decora as túas galletas de Nadal
Para decorar as nosas galletas de xenxibre, tan só temos que bater unhas claras de ovo ata o punto de neve, engadir coco relado e esencia de vainilla ao gusto, e seguir batendo ata conseguir unha textura cremosa.
Logo, tan só quedaría engadir colorante alimenticio e mesturar ben ata lograr a cor que prefirades. Ou, senón, tamén podemos optar por pebidas de chocolate ou fideos de azucre, pero deben ser libres de glute e lactosa.
Flan de turrón
O flan é, posiblemente, unha das merendas favoritas dos nosos peques. A súa textura suave e doce convérteo nun doce irresistible.
Imaxina agora unha versión especial de Nadal! De seguro que tamén lles encantará!
Ademais, este flan de turrón é unha opción perfecta para aproveitar eses restos de turrón que quedan despois das festas.
Os ingredientes que precisamos son:
Para o caramelo
Prequentamos o forno a 180ºC e preparamos o caramelo e a mestura para o flan.
Para o caramelo, quentamos un cazo a lume medio. Engadimos o xarope de agave, a auga e o bicarbonato. Remexemos ben cunha culler de madeira ata que se formen burbullas e colla un ton dourado. Retirámolo do lume e vertemos o caramelo no fondo duns envases para flan aptos para o forno, cubrindo ben a base.
Nun bol, trituramos o turrón co leite sen lactosa ata obter unha mestura sen grumos. Noutro recipiente, batemos os ovos coa esencia de vainilla evitando que se forme espuma. Mesturamos ambos preparados e vertémolos nos envases sobre o caramelo.
Colocamos os envases nunha bandexa con auga quente, tapámolos cun papel de aluminio e metémolos no forno durante 35 minutos. Nos últimos 5 minutos, retiramos o papel de aluminio para dourar lixeiramente a superficie.
Comprobamos que estean listos pinchando cun pau pequeno; se sae limpo, están cocidos. Deixamos arrefriar a temperatura ambiente ou ben na neveira se prefires que estean fríos.
Servimos os flans decorados con améndoas moídas ou anacos de turrón por enriba. Listos para desfrutar!
Doces de Nadal sinxelos para facer con nenos
Tedes algún doce de Nadal favorito? Dende Bebé Gadis estamos seguros de que estas receitas se converterán nun imprescindible na vosa mesa. Adaptadas para aqueles que teñen intolerancia ao glute ou á lactosa, son perfectas para desfrutar todos xuntos, pequenos e grandes.
Recorda que podes atopar todos os produtos destas receitas no teu supermercado Gadis máis próximo.
E, se queres máis ideas de Nadal, non te esquezas de botar un ollo ás receitas do ano pasado: doces de Nadal sen glute e sen lactosa.