Bebegadis

Search
Close this search box.

Consellos nutricionais durante o embarazo

• O corpo da muller debe cubrir as necesidades extra de enerxía, proteínas, vitaminas, minerais e hidratos de carbono necesarios para o desenvolvemento do bebé.
• É importante que non se consuman bebidas alcohólicas, xa que isto pode provocar danos no bebé tanto físicos como psíquicos.
• Débese reducir o consumo de alimentos calóricos como doces, graxas, embutidos, pastelería, carnes graxas ou bebidas azucradas.
• É conveniente realizar tres comidas diarias como mínimo e pódense ampliar a cinco ou seis tomando “tentempiés” como froitas ou lácteos.
• Ao estar embarazada débese aumentar o consumo de líquidos entre 0, 5 e un litros, xa que o volume plasmático se expande e o 90% do leite materno é auga.
• Hai que incluír na dieta alimentos de todos os grupos, como froitas, hortalizas, legumes, cereais, lácteos baixos en graxa, peixes e carnes magras.
• Durante o embarazo, como é natural, gáñase peso, pero hai que controlar este aumento. O ideal é aumentar só entre 9 e 12 quilos.
• Débense consumir alimentos ricos en ácido fólico: verduras de folla verde, froitas, legumes, cereais,… tamén lácteos, que son ricos en calcio e alimentos que conteñan ferro: espinacas e acelgas, peixe, ovos, legumes, carnes e mariscos (estes ademais proporcionan o iodo necesario para o embarazo),…

A importancia de tomar alimentos ricos en ferro.

Durante o embarazo cómpre inxerir unha dose de ferro máis elevada que normalmente, xa que este é necesario para a produción da hemoglobina nas células vermellas.

Como o nivel de sangue aumenta durante o embarazo, é fundamental contar con reservas de ferro para garantir o ingreso de osíxeno para o bebé.

Requírese un 30% máis da dose recomendada de ferro durante o período de xestación. É dicir, 30 mg diarios.

Se a anemia por falta de ferro durante o embarazo non se trata adecuadamente existen consecuencias graves, tanto para a saúde do bebé como para a da nai. Os síntomas da anemia son fatiga, somnolencia e cansazo. Estes síntomas son moi habituais no embarazo e por iso o mellor é facer unha análise.

No caso de tomar un suplemento de ferro, o ideal é tomalo en xaxún, acompañado dalgunha bebida rica en vitamina C para facilitar a súa absorción.

Comparte esta noticia