Bebegadis

Search
Close this search box.

Receita de boliñas de porco e pera para toda a familia

Esta é unha receita perfecta para que os/as máis peques da casa coman carne e froita nun mesmo prato!

Por unha banda, a pera achégalles gran cantidade de vitaminas e minerais ademais de ter propiedades antioxidantes e antiinflamatorias. E, doutra banda, o lombo de porco é unha das carnes que menos graxa ten e contén moitos nutrientes como a vitamina  B ou o ferro.

Para que este prato sexa aínda máis completo, podes acompañalo con verduras ao forno ou cocidas. Un prato perfecto para os nosos/ as pequenos/ as!

Preparación da receita

Unha vez colocados todos os ingredientes, empezamos coa receita!

Tenta retirar toda a cantidade posible de grasiña que poida ter o lombo de porco. Coa axuda dun robot de cociña ou cun coitelo, pica en anacos moi pequenos o anaco de carne.

Agora tes que pelar e partir a pera en anaquiños pequenos. Neste momento o teu fillo/a pode axudarche a incorporar a pera e o perexil ao lombo picado. Se o perexil é fresco, lávao ben e párteo antes de engadilo á carne.

Espolvorea un pouco de  canela e engade un par de culleradas de fariña de avea ou pan relado, preferiblemente sen sal.

Agora chega a diversión! Déixalle ao teu pequeno/a mesturar todos os ingredientes coas súas manitas ata que quede todo integrado. Facede xuntos pequenas boliñas e ide colocándoas nunha bandexa de forno con papel  encerado.

Pinta todas as boliñas cunhas gotas de AOVE e méteas no forno prequentado a 180º durante media hora e listas!

Consellos

O bo desta receita é que, ademais de sinxela, é perfecta para conxelar. Se che sobran  boliñas podes metelas no conxelador nunha bolsa ou bandexa  herméticas para consumir calquera outro día.

Non te esquezas de compartir as túas receitas Bebé Gadis co hashtag #recetasBebeGadis

Comparte esta noticia