Que mellor sobremesa para este verán que uns xeados saudables de amorodo?
A os/as máis peques da casa ás veces pódelles custar comer froita, pero existen moitas maneiras de “camuflala” con preparacións moi divertidas e saborosas.
O amorodo está composto por unha gran parte de auga. É unha fonte de fibra e vitamina C, a cal axuda a reforzar as defensas, tanto de pequenos como de maiores. Ademais, favorece a absorción de ferro e é un alimento que actúa como antioxidante.
Ingredientes para a receita
Preparación do xeado de amorodo
Alá imos!
Empeza limpando os amorodos moi ben con auga fría. Podes coller un bowl e enchelo de auga para que o teu fillo/a poida axudarche a lavalas. Retira as folliñas e córtaas en anaquiños.
Agora, cunha culler, deixa que o/a peque baleire o iogur no recipiente onde vaias mesturar todo. Despois incorpora os amorodos e a bater!
Cando estea todo mesturado só queda verter nos moldes* de xeado e meter ao conxelador durante unhas horas (mínimo 6 horas) para que se conxelen ben.
Só quédanos probar e gozar!
Consello: O bo destes xeados é que podes utilizar froitas variadas como arandos, frambuesas, piña, etc.
Atención! Os moldes deben de ser de silicona para que non queden pegados á hora de sacalos.
Cando este veranito fagas esta super receita, non te esquezas de compartila connosco co hashtag #recetasBebeGadis