Bebegadis

Search
Close this search box.

Verdades e mentiras sobre a alimentación infantil

O máis básico.
A alimentación do noso bebé non ten que ser cara. Os alimentos naturais, nos que debemos basear o seu menú, están facilmente dispoñibles, son nutritivos e non necesitas receitas laboriosas. O mellor, para a súa alimentación e o teu peto, é a comida caseira, e en Gadis ofrecémosche todo o que poidas necesitar para elaborala.

Introdución de alimentos.
É importante seguir as recomendacións que che dará o teu pediatra sobre que alimentos e cando debemos ir introducíndoos na súa dieta. Así evitaremos ou localizaremos rapidamente intolerancias e alerxias e tampouco recargaremos o seu sistema dixestivo.

O horario das comidas.
É importante fixar un horario pero non obsesionarse demasiado con el. O neno debe aprender a recoñecer os sinais, tanto de apetito como de saciedade. Nós debemos procurar ofrecerlle unha dieta variada e equilibrada e que vaian, pouco a pouco, autocontrolando a cantidade adecuada para eles. Polo tanto, se non comen todo o que “cres” que deberían comer á hora estipulada, non te preocupes. En canto teña apetito pedirá.

É importante, sobre todo no primeiro ano, non empeñarnos en que coman grandes cantidades.

Por outra parte, a súa constante actividade e que non estean dispostos a perder moito tempo comendo, fai moi importante tanto o almorzo como a merenda. É aquí onde debemos introducir tanta froita e verdura como sexan precisas.

Suplementos alimenticios.
En principio, non son necesarios. Se a dieta que lle ofrecemos, como diciamos no punto anterior, é equilibrada, variada e nutritiva, rica en froita, verduras, legumes, carnes, etc, os extras non serán necesarios.

Gustos “especiais”.
Os nenos non teñen gustos diferentes dos adultos. O nosos deber é o de ir ensinándolles distintos sabores. Se rexeita algún alimento podemos probar a preparalo de distinto modo ou con outra presentación. A partir do primeiro ano, o seu menú non ten por que diferir do nosos.

Sobre as graxas e as proteínas.
Probablemente terás oído falar sobre os perigos das graxas e os beneficios das proteínas… Todo vai depender das cantidades. As graxas son indispensables tanto na nosa alimentación como na dos nosos fillos. Os lípidos achégannos enerxía, vitaminas, regulan a temperatura do noso corpo, etc. Son recomendables as de orixe vexetal que podemos encontrar en alimentos como froitos secos, soia, xirasol. O importante é que non sexan graxas saturadas como as que podemos encontrar na docería industrial.

Respecto das proteínas diremos que aínda que son importantes, non o son nin máis nin menos que calquera outro alimento. As proteínas, por si soas, non proporcionan todo o que necesita o noso organismo nin o dos máis pequechos. Non poden faltar os alimentos ricos nelas pero, como diciamos, graxas, vitaminas, hidratos de carbono e minerais tamén serán indispensables.

Comparte esta noticia