Bebegadis

Search
Close this search box.

Posturas correctas no embarazo

Parada
Os pés deben estar paralelos e os xeonllos relaxados e un pouco flexionados. O lombo debe estar tamén relaxado, os ombros un pouco cara a adiante e o máis abaixo posible, con isto conseguirás unha mellor capacidade respiratoria. A zona lumbar non debe facer unha curvatura esaxerada xa que provoca dores en toda esta área e no nervio ciático.
Durmir

A mellor posición é deitada sobre o lado esquerdo, xa que deste xeito o sangue circula sen obstáculos polas arterias principais. Se xa tes barriga dabondo pon unha almofada entre as pernas, con isto conseguirás que o peso dunha perna non recaia sobre a outra, tamén axuda a ter as costas máis rectas.
Camiñar
No embarazo é moi frecuente camiñar de forma incorrecta, coa pelve cara a adiante e curvando demasiado o lombo. Polo que manter unha postura axeitada axudarache a evitar problemas.
A mellor forma de camiñar é co lombo ben recto, a cabeza alta e os xeonllos pouco flexionados. Os pes deben estar paralelos e non debes arrastralos nin xiralos cara a fóra ao camiñar, xa que isto pode causar dores na zona lumbar.
Os zapatos son un elemento moi importante cando se está embarazada. O ideal é que sexan o máis cómodos posibles e sen tacón ou cun tacón inferior aos 5 centímetros.
Sentada
Ao sentarte mantén o lombo dereito e apóiate nos glúteos. Evita cruzar as pernas e se tes que estar moito tempo sentada fai pequenos movementos cos teus ombros e a cabeza, con isto conseguirás ter os músculos relaxados.

Comparte esta noticia