O meu bebé ten gases, como podo axudalo?

A presenza de gases nos bebés é algo común, especialmente os primeiros meses de vida. Isto débese a que o sistema dixestivo dun bebé recentemente nado aínda é inmaturo e aínda non é capaz de procesar ben o leite. A maiores, unha técnica para comer inadecuada ou problemas para succionar (frenillo  sublingual, tetina demasiado grande, mal agarre ao peito…) poden ocasionar unha maior acumulación.

Se o teu bebé mostra rexeitamento a seguir comendo, chora, está inquieto e véselle  malhumorado, pode ser que teña gases.

En Bebé Gadis sabemos que esta situación pode resultar frustrante, por iso neste blog imos dar algúns trucos sobre como podes aliviar o malestar que provocan os gases ao teu fillo/a.

Diferenciar entre gases,  cólicos e refluxo

Cando o neno/a é moi pequeno/a resulta complicado distinguir entre  cólicos do lactante, refluxo gastroesofáxico ou gases. Algúns bebés mesmo sofren varias destas doenzas de forma simultánea.

Os gases son acumulacións de aire no estómago do bebé. Estes poden producirse no seu corpo ou ser aire que inxire durante a toma. Cando un bebé ten gases non quererá comer e chorará, pero non terá regurxitacións.

Os cólicos do lactante prodúcense entre os quince días e os catro meses de vida.

A súa orixe aínda é descoñecida e non teñen ningún remedio médico comprobado. Son normais e, a miúdo, bastante habituais.

A enfermidade por refluxo gastroesofáxico é unha situación que provoca no bebé actitudes ou comportamentos que, ás veces, poderían ser confundidos con gases: choro tras as tomas, perda do apetito e irritabilidade. A enfermidade por refluxo é máis grave e duradeira que as típicas regurxitacións e debe ser diagnosticada e tratada por un pediatra.

Que podes facer para evitar os gases do bebé?

A prevención dos gases é un punto moi importante a ter en conta se se quere aforrar malestar ao bebé. Existen situacións ou factores que favorecen a aparición de gases e poden evitarse coas seguintes medidas:

  • Colocar ao bebé nunha posición adecuada durante as tomas.
  • Se o bebé toma biberón, elixir unha tetina adecuada para el.
  • Evitar que coma con présas e moita fame. Comer con ansiedade fai que succione máis rápido e de forma máis intensa, favorecendo a inxesta de aire.
  • Se é preciso, sacar o aire durante e despois da toma para evitar a súa acumulación no estómago.

Remedios para acougar os gases

Cando o teu fillo/a para sofre un episodio de gases a única forma de remedialo é relaxando ao bebé e, para isto, imos dar algúns trucos que lle axudarán a expulsar o aire que ten acumulado na barriguiña:

1. Pon ao bebé sons que lle lembren ao latexo do corazón da nai. Aos bebés gústalles escoitar sons similares ao que escoitaban cando estaban na barriga da súa nai, isto prodúcelles relax e a axuda para acougar o malestar provocado polos gases.

2. Realiza masaxes na barriguiña do neno/a. Move as xemas dos dedos sobre a barriguiña do bebé de forma circular en sentido das agullas do reloxo.

3. Aplicar calor sobre a zona abdominal, de forma moderada, tamén pode axudar a este labor, a condición de que se controle ben a temperatura, xa que a pel dos bebés é moi delicada. Unha boa forma de aplicar calor na barriga é realizar pel con pel con eles, sobre todo cando son máis pequenos/ as.

4. Prepáralle un baño de auga tépeda. Tanto o son da auga como a sensación do baño axudan ao neno/a a distraerse e relaxarse. Así o seu corpo expulsará os gases de forma natural.

5. Porta! Cando os bebés se portan de forma ergonómica, a posición na que se colocan as  perneciñas e a posición vertical fan que sexa máis fácil para eles expulsar gases.

6. Arrólao suavemente. Isto pódese facer cos brazos ou nunha cadeira mecedora. Co movemento o bebé relaxarase e poderá expulsar os gases de forma natural.

7. Ofrécelle un chupete ao bebé, para algúns este complemento supón unha relaxación inmediata.

8. Se tes coche, unha pequena ruta poida que sexa beneficiosa para que o teu fillo/a expulse os gases. A vibración que produce o coche ao circular resulta estimulante para os bebés e axúdalles a relaxarse, non fai falta ir moi lonxe, cun simple paseo sería suficiente.

Un último truco extra! Sabemos que pode ser complicado, pero… tenta estar tranquila/o! Moitas veces te verás no medio dunha situación un pouco estresante porque o bebé terá dor e non saberás como axudalo, pero se estás nerviosa ou nervioso o bebé notarao e poderá alterarse máis. Tenta manter a calma, aínda que sabemos que é complicado!

Esperamos que estes consellos che serviran de axuda para axudar a entender e acougar os gases do teu bebé. Lembra que ante calquera dúbida que teñas ou calquera dor que poida ter o bebé, debes acudir ao teu pediatra para que examine ao bebé.

Receita de dónuts de mazá asada

Traémosche unha receita que podes utilizar nos almorzos ou merendas dos máis peques (ou mesmo para os máis maiores). 

Co obxectivo de facer uns doces máis saudables, traémosvos estes dónuts de mazá moi fáciles de facer. Ademais, todos os seus ingredientes son saudables e están cheos de vitaminas e nutrientes.

A mazá é unha froita moi boa para o corazón, para o estreñimiento e diarrea, etc. e é unha das froitas que máis sensación de saciedade achega, polo que é moi boa opción para incorporar a un almorzo completo.

Ingredientes para os dónuts de mazá asada


Preparación dos dónuts de mazá asada

Unha vez preparados todos os ingredientes, xa podemos empezar! 

Para preparar a pasta de dátil, usaremos se é posible dátiles secos. Abrímols e sacámoslles a pepita e os cubrimos con auga moi quente. Deixamolos aproximadamente 20-30 minutos en función do secos que estean. Metémolos nunha procesadora, e triturámolos ben, ata conseguir unha pasta. Se vemos que queda moi dura, engadimos un pouco máis de auga, e reservamos para engadir á nosa receita.

Empeza pelando as mazás e cortándoas en anaquiños pequenos. Coa axuda do teu fillo/a, colócaas nun prato apto para o microondas. Quéntaas no mesmo durante 3 minutos (aprox.) e retíraas cando estean blanditas.

Agora, nunha licuadora ou vaso de batedora tes que incorporar o leite, a mazá asada, a pasta de dátil e o ovo. Neste paso podes ensinarlle ao teu pequeno/a como cascar o ovo. Mestura todo moi ben ata que todo estea ben triturado.

Incorpora a fariña de arroz, a fariña integral e o fermento. Mestura todo moi ben ata que estea todo integrado.

Toca preparar o molde! Pode ser de silicona ou outro que sexa apto para forno. Bota unha pinga de aceite en cada oco de dónuts e deixa que o teu fillo/a o estenda ben polo molde para evitar que a masa se pegue.

Prequenta o forno a 180º e unha vez quente, deixa os dónuts uns 20 ou 30 minutos, depende un pouquiño do forno que utilices. Cando o tempo pase e estean doraditos, retira o molde do forno e déixaos enfiar. Unha vez atemperados, podes deixalos arrefriar do todo unha vez desmoldados sobre unha reixa.

Agora só queda gozar desta super receita, unha delicia perfecta para os Bebé Gadis e tamén para os máis grandes da casa!

Comparte as túas receitas Bebé Gadis co hashtag #receitasBebeGadis