Nos días de calor poucas cousas nos apetecen máis que un smoothie ben fresquiño. Este que vos traemos hoxe é de sandía, o que o fai máis lixeiro e refrescante.
A sandía componse nun 92% de auga, é a froita ideal para consumir no verán, xa que nos axuda a manternos hidratados. Tamén é rica en vitamina C, vitamina A e é antinflamatoria e antioxidante.
Aos nenos/as adoita gustarlles moito a sandía fresquiña, pero se ao teu peque lle custa comer froita seguro que con este smoothie acertarás de pleno e encantaralle.
Preparación do smoothie de sandía
Contámosche como preparalo!
Empezamos lavando ben a sandía e quitándolle todas as pebidas que podamos para que logo non queden tropezóns no smoothie nin lle cambie o sabor. Este é un paso fantástico para que fagan os máis peques da casa. Despois, córtaa en anaquiños pequenos e quita a cortiza verde.
Botamos a sandía na licuadora ou no vaso da batedora, poñemos por encima un chorriño de limón e engadimos o iogur. Utilizaremos o vaso do iogur para engadir unha medida de leite ou bebida vexetal á nosa mestura.
Batemos ben e listo!
Agora a gozar dunha merenda fresca e saudable!
Nota: Se queredes que estea aínda máis fresquiño, podedes conxelar unha parte da sandía que vaiades utilizar e batela así, ou tamén engadir uns cubiños de xeo, desta forma obterás un resultado máis tipo granizado para que sexa dobremente refrescante.
Cando probes esta receita podes compartila connosco utilizando o hashtag #recetasBebeGadis