Skip to content

Evolución do bebé durante o embarazo

O embarazo é un proceso de cambios no corpo da nai que dan lugar á creación dunha nova vida. Un conxunto de células que se unen e forman máis células que deixan paso a órganos, ósos, músculos…e finalmente a un bebé. Entender como se desenvolve o bebé no interior da nai é fascinante, queres saber máis?

Neste post compararemos o tamaño do bebé segundo cada semana e trimestre co de diferentes froitas e verduras, para que sexa máis fácil de comprender o crecemento do bebé en cada momento do embarazo.

Nos últimos artigos fomos falando das fases do embarazo: desde o primeiro trimestre ata o terceiro e último, vendo como vai evolucionando o corpo da nai, que probas médicas suceden en cada etapa, como vai cambiando o bebé en cada trimestre, etc. Neste post centrarémonos no desenvolvemento do bebé durante o embarazo: trimestre por trimestre, como evoluciona o bebé mes a mes?

 

Primeiro trimestre de crecemento (da semana 1 á semana 12)

No primeiro trimestre empézanse a desenvolver os órganos vitais máis importantes: Cerebro, corazón, aparello dixestivo e a médula espinal. Os pulmóns comezarán a formarse e seguirano facendo durante toda esta primeira etapa. Na sexta semana xa se poderá detectar o latexo fetal e a placenta atoparase aínda en desenvolvemento.

Sabías que a formación das impresións dixitais comezan a definirse na semana 7? Xunto a este proceso, tamén empeza o da formación dos ósos.

Chegando á semana 12 os órganos vitais están a formarse, as pálpebras estarán máis desenvolvidos, os intestinos empezarán a rotar e comezará a definirse un pouco a carita do bebé.

O final do primeiro trimestre marca a transición do período embrionario á etapa fetal.

No primeiro trimestre o bebé pasa de ter o tamaño dun chícharo (semana 6) a ter o tamaño dunha lima (semana 11).

 

Segundo trimestre do bebé (da semana 13 ata o final da 26)

Formación das extremidades, cara máis formada e definida, brotes dentarios, pel case transparente… todo isto sucede ao comezo do segundo trimestre de xestación do bebé. Esta etapa é crave no crecemento do teu bebé dado que xa poderá oír, moverse e os seus músculos e ósos desenvolveranse. Poderás notar como empeza a usar o seu corpeciño.

A transición da semana número 12 á 13, é dicir, o cambio do primeiro ao segundo trimestre, permite empezar a adiviñar ou distinguir claramente, segundo a posición do bebé, o sexo do mesmo. 

É momento tamén para o desenvolvemento de pequenos detalles como cellas, pestanas, uñas… Na semana 14 poderás gozar xa da súa cariña máis definida. Tamén a médula ósea empeza a producir células sanguíneas.

O bebé continúa crecendo: na semana 22 terá o tamaño dunha papaya e na semana 25 dun brócoli.

Terceiro trimestre do bebé (da semana 27 ata a 40 ou ata o final do embarazo)

O cerebro desenrólase a unha maior  velocidade e o sistema nervioso atópase preparado para controlar certas funcións do corpo. Neste punto o sistema respiratorio atópase totalmente desenvolvido, e, aínda que inmaturo, podería permitir o intercambio de gases ao bebé.

Ademáis, aumenta a graxa do bebé, empeza a almacenar nutrientes no seu corpo, os ósos están formados, aínda que son blandiños. O bebé está listo para saír ao mundo.

O último empuxón no crecemento do bebé fará que o seu tamaño cambie desde unha berenxena (semana 28) a un melón (semana 39).

Artigo escrito en colaboración con AGaEP, a Asociación Galega de Enfermaría Pediátrica.
logo_agaep

Comparte esta noticia