Bebegadis

Search
Close this search box.

3 ideas de merendas saudables para levar ao cole

Se estás a buscar novas ideas de merendas que prepararlle ao teu fillo/a para que leve ao cole na mochila e teña sempre o seu aperitivo de media mañá, en Bebé Gadis traémosche unhas cantas!

Preparar aperitivos ou merendas variadas para o teu/túa peque pode ser un gran reto e se ademais buscas que sexan saudables e diferentes aínda se complica máis.

Por iso neste post dámosche 3 ideas para que o teu pequeno/a leve ao cole as merendas máis deliciosas e saudables!

Receita sinxela de dónuts de avea e plátano para a merenda

Estes dónuts saudables están boísimos, son moi fáciles de preparar e de transportar e ademais consérvanse frescos un par de días. Podes acompañar esta merenda dun iogur natural ou de kéfir bebible. No noso blogue xa vos contamos como facelos, toma nota e aprende a facer estes deliciosos dónuts!

Receita de sándwich rápido de aguacate e xamón

Os sándwichs son unha opción perfecta para as merendas do teu pequeno/a, podes facelos de moitas cousas: queixo, tomate, ovo… A idea que che traemos hoxe é un delicioso sándwich de aguacate e xamón.

Para preparar este sándwich o primeiro que debes facer é elixir o pan, logo esmaga lixeiramente o aguacate de forma que o poidas untar no pan e coloca encima uns liscos de xamón, estará riquísimo!

Receita de barras de arroz inflado caseiras

As barras de arroz son unha estupenda opción doce para picar a calquera hora. Para preparalas necesitarás os seguintes ingredientes que podes atopar en Supermercados Gadis:

barras arroz

*Inflar o arroz é moi fácil, só tes que cocer o arroz integral e logo enfornalo durante 10 minutos a 65º.

Preparación de barras de arroz inflado saudables para nenos/as

Nunha pota pon a lume medio a crema de cacahuete, mel, aceite e sal e remove todo ata que pareza caramelo. Engade o arroz inflado e mestúrao todo ben, logo coloca a mestura nun molde con papel de forno e verte o chocolate derretido por encima.

Déixao arrefriar e logo conserva na neveira 30 minutos. Desenmolda e córtao en cuadradiños ou barriñas, e a gozar!

Consérvanse varios días na neveira ou nun recipiente hermético, será unha merenda riquísima e saudable para o teu fillo/a! Non esquezas completala cun cartón de leite pequeno ou unha peza de froita.

Non tes nada preparado? Non te preocupes! Dámosche tamén unas cantas ideas de alimentos saudables que non requiren ningunha preparación:

– Froita: por exemplo plátano ou mandarina.

– Iogur ou kéfir natural bebible sen azucre, é unha opción ideal para acompañar calquera merenda.

– Froitos secos: Os froitos secos xa pelados como abelás, noces, cacahuetes, etc. son un bo complemento para as merendas do teu pequeno/a.

Queixiños: O queixo sempre é un acerto, acompáñao cun pouco de pan integral e listo, xa tes unha merenda saudable!

Tortiñas de quinoa ou millo: As tortiñas moitas veces veñen en envases individuais, polo que son súper cómodas de levar e ao teu pequeno/a lembraranlle aos flocos de millo.

Podes atopar todos estes ingredientes e moitas máis ideas en Supermercados Gadis.

merienda saludable

Recomendámosche ter bolsas herméticas reutilizables para poder envasar calquera comida e levala gardada na mochila do cole para a hora da merenda, con estas ideas o teu/túa peque comerá toda a súa merenda!

Comparte esta noticia