Bebegadis

Search
Close this search box.

Cómo estimular a linguaxe do teu bebé

Os primeiros anos de vida do teu bebé son vitais para o seu desenvolvemento, e a estimulación da linguaxe exerce un papel crucial nesta etapa. Como pais, temos unha labor esencial: fomentar a comunicación temperá e enriquecer o vocabulario para estimular a linguaxe dos nosos pequenos

Etapas do desenvolvemento da linguaxe

Dende o nacemento, o bebé comeza a desenvolver capacidades relacionadas coa comprensión e a expresión da linguaxe. Nestes primeiros anos de vida, podemos diferenciar catro etapas do seu desenvolvemento lingüístico.

Etapa preverbal (0 a 12 meses)

Nesta primeira etapa, o bebé xa comeza a emitir sons, pero aínda non é capaz de pronunciar ningunha palabra.

A través deles comunícase coas persoas que ten preto e mostra as súas necesidades. Os ruídos que emite están vinculados as súas sensacións e reacciona ante as interaccións verbais, mediante gargalladas, chíos, gritos, entre outros.

Cando chegan aos seis meses de idade xa entenden algúns monosílabos, como a palabra “non”, e comezan a balbucir. Neste período, recoñecen a voz dos seus pais e asocia o seu nome coa súa identidade. Ademais, comeza a acompañar os sons con pequenos xestos para comunicarse. O bebé tamén balbuce os seus primeiros sons vocálicos, como “mamama”.

Etapa holofrástica (1 a 2 anos)

Dende o ano, o/a neno/a entra na chamada “fase holofrástica”,  caracterizada por empregar unha única palabra como frase. Durante esta etapa o bebé emite as súas primeiras palabras con significado. Como, por exemplo, dicir “auga” para expresar que ten sede.

A interpretación das holofrases basease na linguaxe non verbal do pequeno e a comprensión do adulto, pois a pronunciación pode ser imprecisa. Aínda que o seu vocabulario é limitado, pode imitar palabras sinxelas.

Cara os dous anos, agárdase que mellore a pronunciación e estenda o seu vocabulario, mesmo facendo referencia a si mesmo para manifestar unha necesidade. O desenvolvemento nesta etapa depende da estimulación da linguaxe por parte dos adultos que o rodean.

Etapa de combinación de palabras (2 a 4 anos)

A partir dos dous anos, comeza unha nova etapa caracterizada pola rápida evolución no vocabulario do pequeno.

Comeza a xuntar palabras simples para formar frases cortas. Aínda que a gramática pode ser limitada, usa palabras clave para mostrar necesidades e desexos, dando prioridade a verbos e substantivos, o que se coñece como fala telegráfica. Ademais, aprende a regular a súa entoación dependendo do que queira comunicar.

As preguntas comezan a ser comúns, froito da curiosidade por coñecer como e por que pasan as cousas ao seu arredor.

Que é e como traballar a fala telegráfica para o desenvolvemento da fala

A fala telegráfica, característica dos nenos a partir dos 24 meses, fai alusión ás oracións breves, de dúas ou tres palabras, como “xoguete meu” ou “mamá auga”, onde só empregan palabras esenciais para expresar o que desexa.

A través da fala telegráfica, o/a neno/a está aprendendo a comunicar as súas necesidades e pensamentos. Para apoiar o desenvolvemento da linguaxe, debemos ter unha conversa con eles que fomente o uso de máis palabras.

Unha actividade moi efectiva para estimular o vocabulario é a lectura conxunta. Cun libro apto para a súa idade, con moitos debuxos e poucas palabras, ensinándolle todo o que hai nas follas e contándolle o que está a pasar no conto.

Etapa avanzada da linguaxe (4 a 6 anos)

É a derradeira etapa do desenvolvemento da linguaxe. Entre os 4 e 6 anos xa teñen unha capacidade da linguaxe parecida á dun adulto, cun vocabulario grande capaz de facer frases máis complexas e manter conversas.

A partir de aquí, vai ir perfeccionando a súa linguaxe e pronunciación, o cal se verá apoiado polo comezo da actividade escolar.

Técnicas para estimular a linguaxe do meu bebé

É moi importante recordar que cada neno é único e, polo tanto, experimentará un desenvolvemento da linguaxe único.

Aínda que a linguaxe é unha habilidade innata, tamén pode ser estimulada por factores externos. Como pais, podemos axudar ao noso peque no seu desenvolvemento lingüístico.

Aquí van algúns consellos prácticos para estimular a linguaxe nos bebés.

Fala co bebé

A pesar de non poder manter unha conversa, recoméndase falarlle ao bebé. Cando o fagas, ponte a súa altura para ter contacto visual. Emprega un ton suave e fai xestos na charla.

Se xa comeza a balbucir, practica o Baby Talk, repetindo as palabras e frases de maneira frecuente para fomentar o seu aprendizaxe.

Ler co teu bebé

Aínda que non saiban falar nin ler, crear unha rutina de lectura estimulará o seu desenvolvemento lingüístico e beneficiará o seu desenvolvemento cognitivo.

Podes elixir libros con imaxes rechamantes e texturas para implicar os seus sentidos. Comentar sobre as imaxes e facer preguntas sinxelas fortalecerá a súa comprensión da linguaxe.

Algúns libros para desenvolver a linguaxe que aconsellamos dende Bebé Gadis son os libros para desenvolver a linguaxe da editorial Bruño. ¡Aquí deixamos uns títulos!

  1. Cómo enseñar a tu cocodrilo a lavarse los dientes.
  2. El baño: ¡Choff!: Los libros de Mim.
  3. Mi primer viaje a la luna.

Gozar da música en familia

As cancións e rimas infantís son excelentes para desenvolver habilidades lingüísticas acompañadas de xestos sinxelos. Isto non só estimula a linguaxe, senón tamén a coordinación man-ollo.

Estimular a fala co Babysign

Os bebés aprenden imitando, polo que a linguaxe de signos é unha ferramenta moi efectiva para estimular a fala.

A partir dos seis meses, cando xa comezan a ter control das súas extremidades, podemos tentar ensinarlles esta técnica, coñecida como baby sign, para que exprese as súas necesidades.

Se queres saber máis sobre a linguaxe de signos para bebés, podes visitar a nosa entrada “Baby sign: linguaxe de signos para bebé”.

A estimulación temperá, a interacción continua e un entorno rico en linguaxe contribúe ao desenvolvemento saudable da linguaxe nos nenos.

Ollar e celebrar cada pequeno logro nestas fases é fundamental para apoiar o crecemento lingüístico dos pequenos aventureiros da linguaxe.

Comparte esta noticia