Bebegadis

Search
Close this search box.

Consellos para viaxar co teu peque este verán

Chegou o momento máis agardado do ano, a viaxe de vacacións en familia. Fai as maletas ata arriba con todo o que creas imprescindible e unha chea de por se acasos. Sen embargo, os nosos peques son imprevisibles. Sempre haberá algo que pedirán no momento menos oportuno, e de seguro será o único que non levas contigo. É xusto nese intre cando se pon a proba a túa capacidade de improvisación.

Neste blog darémosvos algúns consellos para facer que as viaxes cos peques sexan máis sinxelas, entretidas, e sobre todo, inesquecibles.

Como viaxar con nenos en coche ou avión

Toda boa aventura comeza antes de empezala, cos preparativos para ter todo listo e facer que toda a familia pase uns días perfectos.

De seguro que aos peques unha viaxe longa en coche ou un voo parécelles unha aventura emocionante, e, se son as súas primeiras vacacións, aínda máis. Pero, ao mesmo tempo, pode estar inquieto e sentirse un pouco agoniado por todo. Ao fin e ao cabo, van saír da súa zona de confort e cambiar de entorno e de rutina.

Por iso, temos que estar listos para achegarlles seguridade e confianza cando o precisen. Aquí é cando hai que ter en conta que tipo de necesidades poden precisar os nosos fillos. Como imprescindibles, aconsellámosche levar sempre contigo o seguinte:

  • Os seus xoguetes favoritos e tamén algún novo, as cousas novas atráenos.
  • Unha botella de auga, sobre todo nas viaxes longas é moi importante manter aos nosos peques hidratados.
  • Algún snack saudable por se teñen fame.

Ademais, os voos supoñen todo un desafío para os nenos polos cambios de presión e o ambiente seco, polo que levar estes artigos extras pode ser moi necesario:

  • Gomas de mascar ou caramelos para os nenos maiores, axudan a calmar a presión dos oídos no despegue e aterraxe. Para os máis pequenos, os snacks mencionados antes fan a mesma función.
  • Unha manta para taparse polos cambios de temperatura do avión ou por se resulta reconfortante para, por exemplo, durmir.

E recorda levar sempre contigo a documentación.

Documentación necesaria

Antes de comezar a viaxe, asegurádevos de ter todos os documentos importantes, e en orde. Comproba os requisitos de documentación necesarios para viaxar con nenos e os requisitos de cada país ou cidade, pois as documentacións cambian dependendo o destino.

¿Que documentación precisas?

  • Pasaporte
  • DNI
  • Libro de familia
  • Tarxeta sanitaria
  • Autorizacións paternas

As autorizacións paternas son un documento a ter en conta se as vacacións son só con papá ou mamá. Cando só un dos pais viaxa cos peques, é posible que a compañía aérea ou en algún posto de control pidan esta autorización.

Horarios e rutina dos peques

Outro aspecto clave a ter en conta ao planificar a viaxe, son as rutinas dos nosos fillos. Debemos, na medida do posible, non interromper o seu ritmo natural para minimizar a súa irritabilidade.

Así que, se viaxas en avión, aconsellamos evitar despegues de noite, xa que os peques terían que espertar na metade da noite e iso é algo que pode poñelos de mal humor.

Se viaxas en coche, é importante facer paradas cada certo tempo onde poder descansar e tomar o aire. Desta maneira, o traxecto será máis ameno para todos os membros da familia, pero, sobre todo, para os peques.

Imprescindibles no destino das vacacións

Unha vez chegados ao destino, comeza a aventura. É momento de explorar cada recuncho cos peques, facendo actividades, visitando a cidade, ou pasando tempo de calidade en familia, polo que, e moi importante ir ben equipados para evitar imprevistos!

As cousas necesarias que precisas dependendo do plan das vosas vacacións familiares son:

  • Se vas a praia recorda que é imprescindible levar crema solar, tanto facial como corporal, xoguetes de praia e flotador; fanequeiras; e lentes de sol.
  • Se o voso destino é unha cidade e tendes pensado facer turismo urbano, aconsellámosvos levar un carro de paseo que se pregue, sobre todo se ides percorrer longas distancias e unha mochila de porteo. Se queredes visitar museos ou outros espazos, hai moitos onde non se pode acceder con eles.
  • E, se, polo contrario, as vosas vacacións inclúen plans en plena natureza, debedes equiparvos cunha botica de primeiros auxilios e unha mochila de porteo.

Equiparse axeitadamente asegura que poidades desfrutar de cada experiencia ao máximo, sen preocupacións e listos para calquera eventualidade.

Botica de primeiros auxilios de viaxe

Viaxar con nenos significa estar preparado para calquera cousa, inclusive pequenos contratempos de saúde. Levar un kit de emerxencia ben equipado a man é clave para manexar esas inevitables raspaduras ou malestares que poidan ocorrer.

Para poder seguir desfrutando da viaxe ao máximo, a botica de primeiros auxilios debe levar o necesario para un incidente.

  • Termómetro
  • Xaropes para a febre, mocos e tose
  • Medicinas para a dor de cabeza e o arrefriado (ibuprofeno, paracetamol, etc)
  • Desinfectante
  • Barra antigolpes
  • Pomada para queimaduras e anti-rozaduras

Desfruta das túas vacacións xunto a Bebé Gadis

Viaxar con nenos pequenos pode presentar retos, pero tamén deixa incontables oportunidades para crear recordos marabillosos en familia. Coa planificación axeitada e algúns consellos útiles, agárdanvos unhas vacacións divertidas e seguras para todos. Premendo aquí poderás descargar a nosa checklist dos imprescindibles de Bebé Gadis para ter unha viaxe inesquecible.

E, se no voso destino hai un supermercado Gadis, recordade que temos un gran número de produtos de alimentación e hixiene, entre outros, onde adquirir todo o que precisas durante a viaxe.

Comparte esta noticia