O Nadal é o momento perfecto para desfrutar de actividades creativas cos peques da casa. Facer manualidades con temática de Nadal é unha maneira de decorar o fogar onde os peques o pasarán en grande pintando, recortando e facendo aos seus personaxes favoritos desta festividade.
En Bebé Gadis, hoxe amosámosche a facer os teus propios adornos de Nadal con materiais sinxelos e aptos para os máis peques!
Manualidades de Nadal para facer con nenos
Adornos para a árbore feitos con goma eva
A goma eva é o material estrela para realizar actividades con nenos grazas a súa versatilidade e fácil manexo. Con ela, podemos crear adornos como estrelas, bolas e bonecos de neve para decorar a árbore de nadal.
Precisaremos os seguintes materiais:
• Goma eva de distintas cores
• Rotuladores
• Tesoiras
• Elementos decorativos: purpurina, adhesivos, ollos de plástico, etc.
• Pistola de cola quente
• Cordel
Comezamos debuxando as formas desexadas sobre a goma eva de diferentes cores. Os nenos poden participar nesta fase, elixindo os deseños e axudando a recortar as figuras. Unha vez listas, chega a parte máis divertida: decoralas.
Por exemplo, para facer un boneco de neve, podemos personalizalo con accesorios como gorros feitos con goma eva, bufandas de pompóns ou botóns decorativos. No caso das bolas e estrelas, deixa voar a imaxinación: podes engadir purpurina, adhesivos ou pequenas figuras de Nadal que os nenos queiran incluír.
Cando os adornos estean rematados e secos, basta con facerlles un pequeno burato, pasar un fío por el e xa estarán listos para colgar na árbore.
Grilanda de Nadal
As grilandas de Nadal son un clásico da decoración e unha actividade ideal para completar a decoración. Cun pouco de cartolina, podes crear todo tipo de figuras, como árbores de Nadal, regalos ou galletas de xenxibre.
Os materiais que precisamos son:
• Cartolina
• Cores e/ou rotuladores
• Cola
• Tesoiras
• Elementos decorativos: purpurina, adhesivos, lazos, pompóns, etc
• Cordel
O primeiro paso é debuxar na cartolina cada unha das figuras. Faremos tres ou catro filas, dependendo do longa que queiramos que sexa a nosa grilanda.
Para darlles mais consistencia, pegámolas sobre unha base de cartón e recortámolas seguindo o contorno. Unha vez secas, é hora de decoralas, e aquí os peques poden facer o que se lles veña á cabeza cos rotuladores, purpurina ou adhesivos.
Cando rematen, facemos un pequeno burato na parte superior de cada unha, pasamos un cordel por eles e xa estaría lista para colgar.
Árbore de Nadal con fío e cartón
Os materiais que precisamos son:
• Fío verde
• Pompóns de varios tamaños e cores
• Cartón
• Tesoiras
• Cola branca
Para facer a árbore de Nadal, o primeiro paso será cortar pequenos anacos de cartón en triángulos. Deben ser o suficientemente resistentes para que, ao enganchar os fíos, non se dobren e manteñan a forma.
Atamos o fío ao triángulo, xusto no centro, e xa é momento de que o peque comece a envolver o fío arredor del, cubrindo toda a superficie.
Cando quede un anaco de fío, facémoslle un nó e pegámolo á superficie de cartón. A continuación, engadimos pequenas gotas de cola onde queiramos poñer os pompóns, e pegámolos exercendo un pouco de presión para asegurarnos de que non se despeguen.
E, se o queremos transformar en adorno, tan só temos que engadir un fío na parte superior.
Personaxes de Nadal con pratos de plástico
Esta é unha actividade divertida e sinxela de facer cos máis pequenos. Empregaremos pratos de plástico para crear personaxes de Nadal como Papá Noel e ao Reno Rodolfo. Serán perfectos para decorar calquera espazo e engadir un toque divertido ao Nadal!
Os materiais que precisamos son:
• Pratos de plástico ou cartón brancos
• Pintura acrílica ou temperas
• Cartolina branca, vermella, castaña e beixe
• Tesoiras
• Cola branca
Reno Rodolfo
O primeiro paso para elaborar o noso reno vai ser pintar o prato de color marrón. Desta tarefa encargaranse os peques.
Mentres a pintura seca, faremos as orellas e os cornos na cartolina castaña. A de color beixe vamos a empregala para facer o interior das orellas e o morro. Para facer os ollos utilizamos a branca e negra e, para a súa característica nariz, podemos optar por un pompón vermello.
Papá Noel
Papá Noel é aínda máis sinxelo, pois non temos que pintar o prato, xa que é branco.
Debuxamos o gorro de Papá Noel na cartolina vermella e engadimos o forro interior en branco. Cun pompón branco, coroaremos o gorro.
Seguindo coa cartolina branca, faremos o seu clásico bigote e barba, sen esquecernos das cellas! Por último, faremos a boca e os ollos.
O nosos Papá Noel xa estaría listo para dicir HO HO HO!
Desfruta do Nadal xunto a Bebé Gadis
En Bebé Gadis encántannos estar contigo nestas fechas tan especiais. Estas manualidades non só darán ao teu fogar un toque único e persoal, senón que tamén manterán aos máis pequenos entretidos durante as vacacións de Nadal!
Buscas máis inspiración? Visita o noso blog e descubre outras actividades para facer cos máis pequenos nesta época: Adornos de Nadal caseiros para a árbore