Bebegadis

Search
Close this search box.

Crea e pinta actividades de pascua

Unha das tradicións máis populares da tempada de pascua é crear e decorar ovos de pascua, e que mellor maneira de facelo que implicando aos máis pequenos da casa! Neste blog atoparás actividades de pascua sinxelas e divertidas para que os peques dean renda solta a súa creatividade.

Decorar ovos de pascua

Pintar ovos de verdade é unha actividade moi entretida que, sen dúbida, sorprenderá aos nosos peques e encantaralles enchelos de cor.

Que imos precisar?

  • Ovos
  • Pintura acrílica ou temperas lavables
  • Pinceis
  • Prato
  • Adhesivos, rotuladores, purpurina, etc

O primeiro paso é preparar os ovos. Podemos facelo de dúas maneiras: cocéndoos para evitar que se rompan ao manexalos ou facerlles un buraco cunha agulla e baleirar o seu interior. Esta última idea é máis fráxil que a anterior.

Unha vez teñamos preparado o ovo, poñemos pintura nun prato. Podemos debuxar no ovo cun lapis algún deseño de pascua ou deixar que os nenos o coloreen como queiran.

Coa axuda de pinceis ou ben cos seus propios dedos, deixamos que os nosos peques pinten o ovo de pascua. Cando estean coloreados, esperamos a que sequen ben e, unha vez secos, poden completar o seu deseño engadindo adhesivos, purpurina, lazos ou o que eles queiran.

Con moita imaxinación e diversión, quedarannos uns ovos do máis orixinal!

Ovos de pascua pintados

Pintar ovos de pascua cos dedos

Este debuxo é moi sinxelo, perfecto para os máis peques da casa.

Que imos precisar?

  • Cartolina branca
  • Pintura de dedos ou lavable de diferentes cores
  • Rotuladores
  • Tesoiras
  • Prato

Comecemos!

Debuxa un óvalo na cartolina semellando un ovo. Botamos un pouco de pintura nun prato e deixamos que os peques se manchen os dedos para despois apertalos con suavidade sobre a cartolina. Este é o momento para facer os debuxos e estampados que nos veñan a cabeza (puntos, círculos, pegadas…)

Unha vez que a pintura estea seca, os nenos poden usar rotuladores para engadir detalles adicionais aos seus deseños, como ollos, orellas de coello, flores, etc.

Os debuxos de ovos de pascua pintados con dedos son unha forma divertida de festexar a tempada cos máis pequenos.

Debuxos de ovos

Ovos de pascua orixinais

Hai moitas opcións para decorar ovos de pascua. Dende Bebé Gadis propoñémosvos dúas ideas moi orixinais: con la e botóns.

Decoración con la

Para facer estes ovos de pascua precisamos:

  • La de distintas cores
  • Cola branca
  • Cartón

Na cartolina debuxamos un óvalo en forma de ovo e, dentro del, facemos un deseño que despois deberán seguir os nenos.

Coa la de cores cubrimos o ovos, sen deixar ningún espazo en branco. Podemos escoller un patrón de cores a seguir ou facer un deseño libre, mesturando cores.

Para que a la non se desprenda do cartón, pegámola con cola branca resistente. Cando rematemos, hai que deixalo secar para que non se estenda a cola.

Se queremos engadir algo extra, colocamos un fío enriba do ovo, e podemos colgalo como decoración na nosa casa.

Ovo de pascua feito con la

Decoracións con botóns 

Outra opción moi orixinal é tapar o ovo con botóns de cores. Só precisamos tres materiais para levar acabo esta actividade.

  • Botóns de todas as cores e tamaños
  • Pistola de pegamento quente
  • Superficie para pegar os botóns (madeira ou lenzo)

O noso consello para facer esta actividade é que empregues unha superficie máis ríxida que unha cartolina, como unha táboa de madeira ou lenzo para que os botóns se peguen correctamente. En canto ao número de botóns que precisamos, cantos máis botóns, máis grande pode ser o ovo.

Comezamos debuxando a forma do ovo na superficie elixida e despois, xuntos cos nosos peques, imos pegando os botóns un a un coa pistola de pegamento, seguindo a orde que queiramos. Podemos escoller un deseño específico, optar por unha gama de cores ou deixar voar a creatividade e colocalos ao azar.

Ovo feito con botóns

Coello de Pascua con cartolina

Se ademais dos ovos de pascua queremos crear o coelliño que os trae, colle unhas cantas cartolinas e mans a obra!

  • Cartolina branca, rosada e de cores
  • Pegamento en barra
  • Tesoiras
  • Ollos móbiles

O primeiro que temos que facer son as distintas partes do noso coello na cartolina branca. Neste caso, só faremos as orellas e a cabeza. Unha vez preparadas, recortámolas. Repetimos a mesma acción na cartolina rosa, pero esta vez para facer o interior das orellas e o nariz.

O seguinte paso é unir cada unha destas pezas para darlle forma ao noso coello, debuxarlle os seus bigotes e pegarlle dous ollos en movemento.

Deixamos que os peques coloreen o ovo de pascua ao seu gusto e, cando rematen, pegamos ó coello nunha das partes do óvalo, xusto no corte en pico, e, nas súas orellas, pegamos a outra metade. Deste xeito, parece que o coello está a saír do ovo!

Se o teu fillo é maior, podes deixar que recorte e pegue todas as pezas por si mesmo. Aquí che deixamos un exemplo dos dous elementos.

Coello de cartolina

Cesta para ovos de pascua

Non hai pascua sen cesto para recoller os ovos de chocolate! Que tal se engadimos un toque extra de diversión facendo unha cesta personalizada para que os máis pequenos leven os seus ovos de chocolate?

Necesitamos os seguintes materiais:

  • Cartolina de cores
  • Tesoiras
  • Cola
  • Rotuladores de cores
  • Regra

Usando un modelo de cesto como guía, que atoparás ao final deste blog, facemos a forma da cesta na cartolina. Unha vez debuxada, recortamos coidadosamente a forma da cesta cunhas tesoiras.

Agora vén a parte divertida para os peques: decorar! Deixamos que os nenos empreguen a súa creatividade para debuxar e colorear debuxos na cartolina. Poden engadir flores, coellos, ovos de pascua ou o que queiran. Tamén podemos escribir mensaxes de pascua e que eles as repasen.

Para facer o asa da cesta, cortamos unha tira longa de cartolina, duns 2-3 cm de ancho, e o suficientemente longa como para que non quede axustado no bordo superior da cesta. Pegamos os extremos da tira a cada lado da cesta empregando pegamento ou cola branca. Debemos asegurarnos de que a asa estea ben fixada para que poida soportar o peso dos ovos.

Unha vez que rematemos de decorar e pegar o cesto, deixamos que seque por completo para que o pegamento se fixe, e xa estará listo para colocar os ovos de pascua!


Plantilla cesta de pascua

Festexa a pascua con Bebé Gadis

Crear ou pintar ovos de pascua cos nenos é unha actividade moi divertida e creativa que potenciará a imaxinación dos pequenos artistas que temos na casa.

Con poucos materiais e unha execución moi sinxela, poderás crear cos teus pequenos uns debuxos moi orixinais. Se decides facer algunha das nosas propostas, súbea ás redes sociais co hashtag #ActividadesBebéGadis

Na nosa web podes atopar outros contidos sobre actividades e contidos descargables cos que o pasarán moi ben os teus pequenos.

Comparte esta noticia