Xa tes pensado o disfrace para ti e a túa familia?
Calquera momento é perfecto para compartir en familia, pero cando ademais é festa, pode chegar a ser aínda mellor. Nos entroidos as cabezas empezan a traballar para decidir que disfrace utilizar, pero non te preocupes, para que non perdas máis tempo, contámosche algunhas ideas fáciles e rápidas que podes facer para ser a estrela en entroido.
Disfraces fáciles para o tu bebé
Este entroido, disfraza ó tu bebé de forma sinxela y orixinal con algunha destas ideas:
Chef-Cociñeiro/a
Este disfrace é tan sinxelo como coller un bodi branco para o teu bebé ou unha camiseta branca se é un pouco máis maior e debuxarlle os botóns e petos dunha típica chaqueta de chef. Engádelle un pano no pescozo e algún detalle como unha culler de madeira.
Piña
As froitas son un disfrace moi divertido que podes utilizar. Neste caso necesitas un bodi amarelo no que coserás ou pegarás goma eva branca para facer o debuxo da piña. Para a cabeciña podes utilizar unha diadema e incorporarlle folliñas de goma eva verde.
Cabaza
Cun bodi laranxa de manga longa podes facer un disfrace de cabaza súper sinxelo. Engade un gorriño tamén de cor laranxa e cóselle na parte superior uns rolos de goma eva verde para simular o talo.
Mario Bros
Un peto vaqueiro cunha camiseta vermella é a combinación perfecta para este disfrace. Engádelle un gorro vermello ao que lle podes engadir a letra M en branco e debuxarlle un bigote ao teu peque con pintura especial para o rostro.
Vaca
Un disfrace gracioso e súper sinxelo que podes facer cun conxunto de camiseta e pantalón brancos ou cun bodi branco tamén, aos que hai que engadir unhas manchiñas negras feitas con goma eva. Para a cabeza só necesitarás un gorriño ao que coserlle un par de orellas de goma eva, e se queres que sexa aínda máis realista, con goma eva de cor rosa recorta un círculo para pegar na barriguiña e incorpora 4 mamadeiras dun biberón para simular as ubres da vaquiña.
Disfraces de entroido para nenos e nenas
Para que non te teñas que preocupar por buscar disfrace para o teu fillo/a, en Bebé Gadis recompilamos as mellores ideas de disfraces caseiros rápidos e fáciles. Con pouco material conséguense disfraces moi bonitos e económicos para ser a alma da festa nos entroidos.
Buscando a wally
Cuns vaqueiros, unha camiseta de raias vermellas e brancas e unhas lentes de pasta negra conséguese un disfrace do personaxe que se camufla alá onde vai. No caso de non ter unha camiseta de raias, podes elixir unha de cor branca ou vermello e pegarlle recortes rectangulares de goma eva.
Pintor/a
Un disfrace moi moi fácil cunha camisa e un chalequiño xunto cun lazo gracioso. Engade elementos como unha boina, un pincel e unha táboa con pintura simulando unha paleta de cores.
Harry Potter
O clásico por excelencia. Con 5 elementos podes obter este disfrace:
- Unhas lentes redondas de pasta negra
- Un lapis de ollos para debuxar a cicatriz na fronte
- Unha poliña de árbore para simular unha variña máxica
- Un anaco de tea para a capa
- Unha camisa branca e unha gravata vermella
Ovella
Para este disfrace tan sinxelo só necesitarás un mono branco no que pegar bólas de algodón pola zona de diante e detrás (deixando libres brazos e pernas) simulando o pelo do animal. Engade unhas tiras de feltro negro en bonecas e nocellos para facer os pezuños. Se queres ir un paso máis aló, cose un par de orellas nunha boina negra.
Bailarín/Bailarina dos anos 80
Recolle toda a roupa de cores extravagantes que teñas: mallas, bodi, camiseta, calcetíns, etc. E combínaos como queiras. Engade uns quentadores de la nos nocellos e unha cinta na cabeza. E para un toque máis top: acompaña o disfrace cun mini casete, bailarán contigo e co teu peque ata o final da festa!
Sushi
Un disfrace que chamará a atención a todo o mundo! Viste ao teu peque de branco para facer de “arroz” e agora… cun forro de almofada de cor laranxa e tiras de goma eva pegadas facendo de salmón, xunto cunha tea verde para facer un cinto, será o mellor sushi da festa.
Disfraces en familia
Disfrazarse en familia é unha das actividades máis divertidas que podedes facer xuntos. Nestes entroidos non podes desaproveitar o momento! Deixámosche unhas cantas idea:
A familia Addams
Unha das familias máis famosas e que nos últimos meses volveu ás nosas vidas enchéndonos de recordos. Se es unha familia numerosa, esta é unha idea perfecta.
Os Incribles
Un dos clásicos de Disney, a familia de súper heroes por excelencia que triunfa nas festas de disfraces.
Os Picapedra
E un remember dunha familia da Idade de pedra? Perfecta para os momentos graciosos de entroido.
Mimos
Uns pantalóns negros, camiseta de raias brancas e negras, luvas brancas e unha boa maquillaxe son o que necesitas para este disfrace rápido e sinxelo.
Ladróns
Cunha camiseta de raias tamén se pode crear un disfrace de ladrón, só fai falta un anteface negro e un gorro. O peque pode facer de bolsa de diñeiro roubada, “o botín”, cunha bolsa de rafia e o símbolo do dólar pegado con goma eva.
Outros disfraces fáciles y orixinais
- Granxeiros
- Espantapáxaros
- Indios y vaqueiros
- Exipcios
- Viquingos
- 101 dálmatas (un disfrace perfecto para familias numerosas)
Que che pareceron estas ideas de disfraces sinxelos e caseiros para disfrazar aos máis peques da casa? Esperamos que vos serviran de axuda e que o pasedes xenial.