Bebegadis

Search
Close this search box.

Lecturas imprescindibles para este verán

O verán é o momento perfecto para que os nosos peques comecen no mundo da lectura.

Coa chegada das vacacións están máis relaxados e teñen máis tempo libre para dedicarlle a xogos, entretemento e, como non, á lectura. Se o teu peque está aprendendo as letras, empezando coas súas primeiras lecturas ou explorando historias máis longas e complexas, este é o teu blog. Dende Bebé Gadis ofrecémosche unha selección de libros e sagas para entreter aos teus fillos este verán.

Listos para desfrutar e aprender a través da lectura este verán?

Libros para nenos de 3 a 6 anos

Aos 3 anos, os nosos peques comezan unha nova etapa importante na súa aprendizaxe. Na etapa de preescolar, prepáranse para aprender a ler e escribir, comezando co abecedario.

Na casa podemos alentar a aprendizaxe das letras, engadindo libros que conteñan historias sobre elas ou pequenas asociacións que axuden ao peque a identificalas.

A partir dos 5 anos, cando xa comezan a formar algunhas palabras, podemos introducir lecturas cun pouco máis de texto, preparando así a súa transición á educación primaria.

As nosas recomendacións inclúen contos rechamantes e ilustrativos que, ademais de entreter, tamén fomentan a aprendizaxe. Aquí vai a nosa proposta!

El libro de las letras

Da A á Z, os peques aprenderán o abecedario coa axuda de pequenos animaliños. No El libro de las letras, atoparán en cada páxina unha letra grande en maiúscula xunto co nome do animal ao que corresponde.

Cunha estrutura clara e unha comprensión sinxela, axudaremos aos nosos peques na aprendizaxe das letras dunha maneira orixinal e divertida, onde, ademais, coñecerán diferentes animais.

Mi libro de olores y colores

A colección de libros Mi libro de olores y colores é unha excelente opción que fai máis sinxela a aprendizaxe de vocabulario novo a través das cores, co reforzo de ilustracións, e olores!

Con estes contos, os peques aprenderán novas palabras de maneira divertida, descubrirán e asociarán olores e cores con obxectos ou alimentos. En cada un deles recóllese unha temática: coñecer as froitas, os animais, as estacións, etc.

Aprender a leer: Daniel, el bombero

Aprender a leer é unha colección de libros infantís para que os peques de 4 e 5 anos comecen a iniciarse no mundo da lectura. En cada conto increméntase o nivel de dificultade, incluíndo máis vocabulario e con historias máis complexas para adaptarse ao nivel de comprensión de cada neno.

As primeiras letras que aprenden no cole son en maiúsculas, polo que é moi importante adquirir contos con esa tipografía. Esta colección ten, en cada folla, os textos en maiúscula, pero tamén en minúscula, polo que poderemos utilizalos cando as aprendan.

O conto  Daniel, el bombero é o primeiro da colección, polo que é o máis sinxelo. Nel contase a historia de como é e en que consiste ser bombeiro.

Libros para nenos de 6 a 8 anos

Cumpridos os 6 anos e cursando xa primaria, a maioría dos nenos comezan a controlar a lectura, sendo capaces de enfiar palabras e ler frases curtas. É a etapa perfecta para captar a súa atención pola lectura a través de historias infantís que lles resulten entretidas e fomenten a súa imaxinación.

Como as vacacións de verán son moi longas, aconsellámosvos tres sagas de libros do máis entretidas e máxicas.

Escuela de monstruos

O libros Escuela de monstruos transportan aos peques a unha escola onde os alumnos son monstros adorables. É unha saga fascinante onde cada libro conta unha historia divertida e educativa, perfecta para os primeiros lectores.

Con textos sinxelos, en maiúsculas e capítulos curtos, é unha lectura acertada para os nenos que comezan a ler sos. Detrás de aventuras graciosas e emocionantes en cada páxina, os personaxes dan leccións sobre a percepción da amizade, a aceptación e a superación persoal.

Ao final do libro, os peques atoparanse cunha listaxe de palabras novas, marcadas ao longo da historia, para ampliar o seu vocabulario.

Los buscapistas

Los Buscapistas é unha saga emocionante para lectores curiosos e aventureiros. Conta a historia de dous pequenos detectives, Pepa e Maxi, que resolven misterios no seu barrio. Cada libro é unha nova aventura chea de intriga e sorpresas que enganchan aos peques.

Estes libros están compostos por letras grandes que volven máis sinxela a lectura e ilustracións que acompañan ao texto para a súa mellor comprensión. A través de misterios interesantes que resolver, estas historias fomentan o pensamento crítico e a capacidade de resolución de problemas dos nenos.

Preparados para investigar, pequenos detectives?

Anna Kadabra

A colección Anna Kadabra é perfecta para os nenos desta idade. Conta a historia de Anna, unha nena que descobre que é unha bruxa e únese a un grupo secreto de rapaces feiticeiros chamado “El club de la Luna Llena”. Xuntos, viven emocionantes aventuras cheas de feitizos, misterios e moita diversión.

Os libros contan con capítulos curtos e unha linguaxe sinxela, ideal para os nenos que comezan coa lectura máis fluída. Nas súas páxinas, descubrirán o valor da amizade e o traballo en equipo.

Os contos con historias máxicas e de fantasía, como as aventuras de Anna, espertan a creatividade e son tan emocionantes que quererán seguir lendo.

As mellores lecturas con Bebé Gadis

Que che pareceron as nosas recomendacións literarias? Xa tendes algún deles na casa? Dende Bebé Gadis quixemos facer unha selección o máis completa posible, adaptada ás diferentes idades e niveis de comprensión lectora dos pequenos. Así, en cada grupo, poderás atopar dende libros sinxelos ata outros máis complexos.

A lectura é un hábito moi importante no desenvolvemento que debemos fomentar incluso antes de que comecen a ler. Se queres algunha suxestión de lectura para lerlle aos teus bebés ou para ti mesma, aconsellámosche a nosa entrada “Blogs e libros para toda a familia”.

Comparte esta noticia