Bebegadis

Search
Close this search box.

Receita de muffins salados de polo, arroz e pataca

As comidas sempre saben mellor cando están feitas de forma orixinal e divertida.

Comer o polo, un alimento con alto contido en proteína e baixo en graxa, mesturado con diferentes verduras e outros alimentos en forma de muffin, é moi boa opción para gozar comendo.

E ti, anímaste a darlle forma ás túas comidas?

Ingredientes para os muffins salados

Para elaboralos necesitarás:

Preparación dos muffins salados de polo, arroz e pataca

Empeza cortando o polo en anaquiños moi pequenos, moi picadito e resérvao. Colle a pataca, pélaa e rélaa, reserva tamén. Pica moi ben a cebola e nunha tixola co aceite quente, cocíñaa a lume medio ata que estea transparente. Incorpora a pataca, o polo, o pemento picado e o arroz previamente cocido. Mestúrao ben, integrando todos os ingredientes a lume lento. Condimenta cun pouco de pementa, perexil ou as herbas aromáticas que máis vos gusten. Retira do lume e tras bater o ovo, incorpórao ata que estea todo moi ben mesturado. Deixa arrefriar un pouco a mestura e é hora de pedirlle axuda ao pequeno da casa. Cunha culler tedes que ir enchendo un molde de silicona para muffins (para que resulte fácil de desmoldar). Agora méteo no forno a 180º durante uns 20 minutos, ata que vexas que empezan a dourarse. Déixaos arrefriar moi ben antes de desmoldar e… só queda gozar! Comparte a túa receita en redes sociais co hashtag #recetasBebeGadis

Comparte esta noticia