Skip to content

Os bebés poden aprender dous idiomas á vez?

Os bebés que viven nun ambiente bilingüe aprenden a diferenciar dous idiomas ata antes de nacer. Sábese que os sons que chegan mellor ao feto son os que emite a nai. Se a nai fala dous idiomas, o bebé recoñecerá esas linguas.

É certo que ao aprender dous idiomas simultaneamente, o pequeno pode tardar un pouco máis en comunicarse correctamente (xa que mestura os dous). Con todo, son bebés con maior capacidade para aprender información nova relativa á linguaxe.

Existe unha lenda acerca dos bebés bilingües que di que a aprendizaxe de dous idiomas os confunde ou lles causa trastornos na aprendizaxe. Esta é unha falsa afirmación. Sabes que se o teu bebé está exposto a dous idiomas desde que nace terá un mellor rendemento escolar ao longo de toda a súa vida? Os nenos que falan máis dun idioma renden máis ca os que son monolingües. Tamén son máis comunicativos, xa que son capaces de elaborar frases máis longas e complexas.

Ademais, existen outras vantaxes para un neno bilingüe:

• A aprendizaxe simultánea de dúas linguas favorece a atención do bebé.
• Como cada idioma leva unha construción verbal do mundo, favorece a apertura mental.
• Potencia a atención.
• Terá maior facilidade para os idiomas.
• Non entorpece a aprendizaxe da lingua materna.

Como aprende o bebé un segundo idioma?

-Do mesmo xeito ca o primeiro: o neno escoita, imita e constrúe a súa propia linguaxe.

-Entre os catro e os seis meses é capaz de distinguir (a partir da posición da boca) cando se comunican con el en idiomas diferentes.

-Aos poucos irá emitindo palabras soltas, ata que vaia ampliando o seu vocabulario e diferenciando matices como “singular” ou “plural”.

Dándolles esta posibilidade aos nenos, posiblemente tamén os esteamos a preparar de cara ao futuro, posto que o multilingüismo pode axudar aos falantes de máis idade a evitar problemas cognitivos normalmente relacionados co envellecemento.

Comparte esta noticia