Skip to content

Doces de Nadal sen glute e sen lactosa

doces de nadal

O nadal é unha época chea de agasallos, festas, vacacións, encontros e comidas con familia e amigos. En todos os festexos, os doces son imprescindibles nas sobremesas e moito máis nestas festas.

Para todos os gustos e cun sabor delicioso, estes tres doces de Nadal sen glute e sen lactosa son moi sinxelos e toda a familia poderá desfrutar deles.

Turrón de chocolate apto para celíacos e intolerantes

O turrón, xunto cos polvoróns, é un dos doces máis típicos destas festas. Ademais, a súa estacionalidade fai que a súa demanda aumente.

Hai unha gran variedade de sabores que o converten nun doce que gusta a todo o mundo. O turrón de chocolate é un dos máis populares, sobre todo entre os nenos. Como o chocolate, podémolo atopar só ou recheo de améndoas, galletas, arroz inflado, etc.

Para que todos os nosos peques e membros da familia que teñen intolerancia ao glute ou á lactosa poidan comer este doce, imos preparar un turrón de chocolate apto para todos.

Os ingredientes que precisamos son:

  • 300 g de chocolate sen lactosa
  • 100 ml de leite de améndoas, soia ou arroz
  • Aroma de vainilla
  • 35 g de arroz inflado ou améndoas picadas
Doces de Nadal, turrón chocolate

Turrón de chocolate caseiro e saudable

Facer este turrón só che levará uns minutos. Comecemos!

Nunha pota, bota o leite vexetal e engade unhas gotas de aroma de vainilla ao gusto. Remexemos e, cando comece a ferver, engadimos anacos de chocolate ata que se funda completamente e se integre no leite.

Apagamos o lume e, cando a mestura estea a temperatura ambiente, case fría, engadimos o arroz inflado ou as améndoas. Se eliximos estas últimas, podémolas engadir partidas pola metade ou picadas. Mesturamos de novo ata integrar todo de novo

Collemos un molde, botamos a mestura e estendemos ata que estea ben repartida. Tapámolo con papel de forno e levámolo a neveira unhas 4 horas, ata que vexamos que está duro.

Quitamos do molde e o noso turrón xa estaría listo.

Galletas de nadal para celíacos

Facer galletas de Nadal en familia vai ser un dos momentos máis divertidos destas festas. Ademais, aos peques faralles moita ilusión e pasarán un rato moi bo decorándoas.

Para facer estas galletas, seguiremos a receita de galletas de Nadal sen azucre do blog de Bebé Gadis. En lugar de empregar fariña de avea ou espelta, usaremos fariña de améndoa, facéndoas tamén aptas para celiacos.

Estes son os ingredientes que precisamos para facer as cremas de cores da decoración:

  • Coco relado
  • Clara de ovo
  • Esencia de vainilla
  • Colorantes comestibles

Como decorar galletas de Nadal con nenos

Se queremos engadir algún topping, como fideos de azucre, estes deben ser libres de glute.

No teu supermercado Gadis máis próximo poderás atopar todos os produtos citados nestas receitas sen glute.

Unha vez teñamos listas as nosas galletas con formas de Nadal, faremos a crema mentres arrefrían.

Nun bol, batemos a clara de ovo ata que chegue ao punto de neve e engadimos unhas pingas de esencia de vainilla ao gusto, e o coco relado. Seguimos batendo ata conseguir a textura de crema. Despois, só quedaría engadir o colorante alimentario que queiramos e mesturar.

Para decorar aconsellamos botar as cremas en mangas pasteleiras. Deste xeito, será máis doado para os nosos pequenos distribuílos. Agardamos a que se solidifique a nata e xa podemos degustar estas deliciosas galletas con formas navideñas.

doces de Nadal, galletas

Mazapán caseiro sen lactosa e sen glute

O mazapán é outro dos doces máis tradicionais do Nadal que se pode facer tan só con 3 ingredientes. A elaboración non nos levará máis de 30 minutos e poderás darlles á forma que queiras.

Os ingredientes que precisamos son (20 pezas):

  • 150 g de dátiles
  • 250 g de fariña de améndoas
  • 75 ml de auga
  • 2 ovos
  • Améndoas
  • Un pouco de sal
  • Limón relado ao gusto

Como facer mazapán caseiro paso a paso

O primeiro paso é facer a crema de dátil: nunha pota, metemos os dátiles, a auga e a sal. Quentamos ata chegar os 105º de ebulición para lograr un almibre ou crema.

Quitámolos do lume, engadimos o limón relado e botamos a fariña de améndoas pouco a pouco mentres imos remexendo. O último ingrediente que temos que engadir é a clara de ovo batida. Mesturamos todo ben.

Cando teñamos unha masa homoxénea, estendémola nunha mesa e comezamos a amasar coas mans húmidas ata que logremos unha bola suave. É aconsellable humedecer as mans en varias ocasións durante o amasado, para evitar que a masa se engurre.

Dividimos a bola en dúas e facemos dous rolos. Envolvémolos en papel film e gardámolos na neveira polo menos tres horas.

Pasado o tempo, sacamos os rolos, cortamos porcións iguais e traballamos unha a unha coas mans para abrandar a masa e poder amasar de novo. Nesta parte é onde nos poñemos creativos e facemos todo tipo de figuras. Os peques pasaráno en grande.

O último paso é meter no forno as figuras: poñémolas nunha bandexa con papel de forno, pintámolas coa xema do ovo batida e enfornamos a 200º, uns 3 minutos, ata que vexamos que están douradas por enriba.

Quitamos do forno, deixamos que arrefríen, e xa estarían listas para servir nas nosas comidas familiares.

doces de Nadal, mazapán caseiro

Receitas de Nadal para facer con nenos

Que che parecen as nosas receitas de Nadal sen glute e lactosa? Adaptar os doces máis populares desta época é moi sinxelo, e non verás diferenza!

Dende Bebé Gadis, desexamos que pasedes unhas boas festas con amigos e familia e, se facedes algún dos nosos doces, compartide os resultados co hashtag #NadalBebéGadis

Comparte esta noticia