Bebegadis

Search
Close this search box.

Receita de ovos de chocolate e galletas de pascua sen lactosa

A pascua xa está aquí, e que mellor maneira de festexala que cunha rica receita de ovos de chocolate e galletas de pascua sen lactosa! Ademais, é unha actividade divertida para implicar aos nenos na cociña e crear recordos duradeiros.

En Bebé Gadis queremos que todos os membros da familia poidan probar estes doces. Por iso, as receitas de hoxe son perfectas para todos, incluso para aqueles que teñen intolerancia á lactosa.

Poñede o mandil e preparádevos para ser uns expertos reposteiros.

Ovos de chocolate sen lactosa

Facer ovos de chocolate caseiros é moi sinxelo e rápido, tan só precisas un ingrediente: unha tableta de chocolate sen lactosa.

 

Pode ser o chocolate que máis vos guste na casa: dende un máis suave, como chocolate para repostería; ata un máis amargo, como o chocolate 80%.

Tamén vas a necesitar uns moldes de silicona para facer os ovos.

Preparamos o chocolate

O primeiro paso é derreter o chocolate. Partimos a tableta, poñémola nun bol resistente a calor e derretemos ao baño maría. No proceso, remexe o chocolate lentamente.

O noso consello é derreter o chocolate en dúas quendas, así asegurámonos de que non se destempere mentres botamos o chocolate no molde.

Unha vez que o chocolate este completamente derretido e sen grumos, empregamos un pincel de cociña para cubrir o interior dos moldes cunha capa fina e uniforme de chocolate. Introducímolo na neveira uns 10-15 minutos, aproximadamente.

Pasado o tempo, sacámolo e repetimos o proceso dúas veces máis. Coa última capa de chocolate deixamos que arrefríe máis tempo na neveira, uns 30 minutos, para estar seguros de que non se vaia a romper ao quitarlle o molde.

Facemos o noso ovo de pascua

Cando o chocolate estea totalmente ríxido, con moito coidado retiramos o molde dos ovos de pascua. Para xuntar as dúas partes, nunha metade untamos os bordes co chocolate quente restante e pegamos a outra metade. Se queres podes engadir algún regalo ou doce no seu interior antes de pechalos.

Se queres decorar os ovos de pascua co voso peque, podedes derreter un pouco máis de chocolate para facer deseños creativos na cáscara dos ovos. Tamén podes engadir algún topping na elaboración, como fideos de azucre.

Galletas de pascua sen lactosa

Para os nenos menos chocolateiros, as galletas son a opción perfecta. Esta receita é simple e pódense decorar de mil maneiras distintas.

Ademais dos seguintes ingredientes, precisamos uns moldes de animaliños e ovos para que teñan temática de pascua.

Preparamos a masa

Nun bol, mesturamos a fariña, o azucre, o lévedo e o sal. Engadimos a margarina e remexemos ata obter unha textura de migas. Podemos facelo cos dedos ou, se nos é máis sinxelo, empregar un batedor de varas.

A continuación, agregamos os ingredientes líquidos, o ovo e o extracto de vainilla, e volvemos a amasar ata conseguir unha masa suave e homoxénea. Agora facemos unha bola, envolvémola en papel film e metemos na neveira uns 30 minutos, aproximadamente.

Mentres a masa está na neveira, prequentamos o forno a 180ºC.

Pasado o tempo, retiramos a masa da neveira e estendémola no mesado, o cal enfariñamos con anterioridade. Amásamos cun rolo ata que teña medio cm de grosor.

Facemos a forma das nosas galletas e ao forno!

Cos moldes de pascua, cortamos a masa para dar forma as nosas galletas.

Unha vez teñamos todos os nosos coellos e ovos de pascua, colocámolas nunha bandexa de forno.

Metemos no forno as galletas uns 10 minutos, aproximadamente, ata que vexamos que teñen un ton lixeiramente dourado. Quitámolas do forno e deixamos que arrefríen mentres preparamos a crema para a decoración.

Preparamos a crema pasteleira

Para decorar as nosas galletas de pascua, vamos facer unha crema pasteleira sen leite.

Nun bol, mesturamos a fariña, as xemas de ovo e remexemos ata conseguir unha masa con textura de papa.

Por outro lado, nun cazo con 500 ml de auga botamos o azucre e a esencia de vainilla. Cando este fervendo, engadimos esta auga á masa que fixemos mentres remexemos sen parar.

Cando estean totalmente integrados, coamos a crema nun cazo e deixamos que ferva, sen deixar de remover.

Para rematar, dividimos a crema en varias cuncas e, en cada unha, botamos o colorante alimentario da cor que queiramos. Mesturamos ata que a crema obteña a cor desexada, cubrimos con papel film e a neveira.

Decoramos os ovos de pascua

Coas galletas frías e a crema pasteleira preparada, é hora de que os nosos peques deixen voar a súa imaxinación e decoren as galletas de pascua. Aconsellamos meter as cremas en mangas pasteleiras.

Unha vez listas, deixamos que a crema se solidifique e xa poderiamos comer estas ricas galletas con formas de pascua.

Receitas de pascua para unhas vacacións do máis divertidas

Que che pareceron estas receitas? Pasar tempo na cociña cos nosos é unha gran oportunidade para ter unha tarde do máis divertida nas vacacións de Semana Santa.

Recorda que todos os ingredientes mencionados podes atopalos nos nosos supermercados Gadis. Podes consultar nesta ligazón cal é o teu Gadis máis próximo.

E, se fas algunha destas receitas, comparte a túa experiencia en redes sociais co hashtag #ReceitasBebéGadis.

Comparte esta noticia