Bebegadis

Search
Close this search box.

Receita ravioli sen glute de xamón e queixo

Na casa encántavos a pasta, pero un dos membros da familia é intolerante ao glute? Hoxe traemos un súper prato para que poidades desfrutalo todos xuntos, ravioli, un dos pratos preferidos dos mais pequenos.

Ademais de preparar un xantar delicioso, neste blog vamos a amosar como facer pasta fresca na casa de maneira sinxela. Para o recheo, en Bebé Gadis eliximos xamón e queixo, pero podedes escoller o que máis vos guste.

Os ingredientes que precisamos, tanto para a elaboración dos ravioli como para o seu recheo son:

ingredientes receita de ravioli sen glute

No teu supermercado Gadis máis próximo poderás atopar todos os produtos citados nestas receitas sen glute.

Como facer pasta fresca sen glute

Ímolo pasar en grande ao compartir tempo na cociña cos nosos peques ao mesmo tempo que aprenden a traballar en equipo. Con esta receita de ravioli sen glute volveranse auténticos cociñeiros, facendo a masa da pasta e mesturando os ingredientes para preparar o recheo. Mans á masa!

O primeiro paso é facer a masa da pasta. Botamos a fariña por enriba do mesado é facemos con ela a forma dun volcán. No centro, abrimos un oco, e botamos os tres ovos, o sal e o aceite de oliva.

Mesturamos todo, con coidado para non derramar nada, coas mans ou, se o prefires, cun garfo, ata que quede unha masa homoxénea e elástica. Se nos está quedando pegañenta, engadimos pouco a pouco máis fariña ata lograr a textura que queremos.

Unha vez a masa está lista, facemos unha bola con ela. Metémola nun bol que cubrimos cun pano e deixamos repousar na neveira uns 30 minutos aproximadamente.

Mentres a masa repousa, podemos ir elaborando o noso recheo de xamón e queixo.

Recheo para ravioli de xamón e queixo

Nun bol, botamos o xamón en taquiños, queixo mozzarella, queixo crema, perexil, sal e pementa ao gusto. Se ao teu peque non lle gusta este tipo de xamón, pódese cambiar por xamón cocido en anacos.

Remexemos ben ata que todos os ingredientes estean mesturados. Nesta elaboración, podemos deixar que os nosos pequenos boten unha man remexendo eles os ingredientes.

A facer ravioli!

Pasado o tempo, retiramos a masa da neveira e partímola en porcións máis pequenas. Botamos fariña no mesado de traballo para que non se pegue a masa e, a continuación, podemos comezar a estirar cada anaco cun rodete ata conseguir que a masa teña, máis ou menos, un grosor de 1 mm.

Cando teñamos as porcións estiradas, poñemos pequenas cantidades do recheo que preparamos nunha das láminas de pasta, deixando un oco entre eles.

Con outra lámina de pasta, cubrimos por enriba e formamos os ravioli. Apertamos lixeiramente arredor de cada porción de recheo e cortamos cun cortador especial ou un vaso para obter a forma que queiramos. Cerramos as esquinas coa axuda dun garfo e, voilá!, xa os temos.

Cociñar os raviolis

Os ravioli son unha pasta que só precisa duns minutos de cocción para estar lista.

Nunha pota, botamos moita auga, un pouco sol e aceite de oliva e deixamos que ferva. Cando chegue a ebulición, engadimos os ravioli e deixamos que se cociñen tan só 4 minutos, ou ata que floten na superficie.

Bo proveito!

Sirve os ravioli recheos de xamón e queixo coa túa salsa preferida e un pouco de queixo relado por enriba, estarán deliciosos!

Esta receita de ravioli sen glute é unha opción ideal para un xantar en familia. Dende Bebé Gadis, esperamos que desfrutes facéndoos tanto como desfrutarás coméndoos.

Se fas este prato, comparte a túa foto con nós en redes sociais co hashtag #ReceitasBebéGadis

E, se queres probar novos pratos, no noso blog poderás atopar outras receitas aptas para celíacos como a pizza con base de coliflor.

Comparte esta noticia