Feliz aniversario! Os primeiros anos dos nosos peques festexámolos con gran ilusión, decorando as festas cos seus personaxes animados preferidos, organizando xogos e convidando a todos os seus amigos para que gocen ao máximo do seu día.
Ademais de bonita, queremos que a festa infantil do noso peque sexa saudable. Este aspecto parece o máis complexo de lograr á hora de elaborar os aperitivos e a torta de aniversario. Pero, en realidade, é moi sinxelo.
No artigo de hoxe dámosche unha idea de torta de aniversario saudable e rica que gustará a todos.
Sopra as velas sobre froitas
Facer unha torta con froitas é unha boa forma de ensinar aos máis pequenos que a froita tamén se poden comer doutra maneira, e que está igual de boa!
Esta torta pódese facer para o seu primeiro aniversario, xa que os ingredientes que empregaremos poden ser consumidos por bebés de 12 meses.
A froita principal que imos empregar para o biscoito é o plátano, pero si o teu peque non tolera esa froita, podes cambiala por outra que si.
Ademais do plátano, o resto de ingredientes que precisamos son:
Primeiro paso: facer o biscoito
A mesturar e ao forno!
Os instrumentos que empregaremos para a masa do biscoito son: dous boles grandes, unha peneira ou coador e un batedor.
Primeiro mesturamos os ingredientes secos: fariña, lévedo e plátano. Os dátiles triturarémolos cos líquidos. Peneiramos e engadimos a fariña no bol, xunto co lévedo e o plátano. O plátano podes engadilo en anacos ou batelo.
Noutro recipiente engadimos o iogur, o aceite, os ovos e os dátiles. Batémolos ata que os dátiles estean totalmente triturados e os ingredientes estean ben integrados.
Mesturamos nun único bol as dúas elaboracións que acabamos de facer e imos montar ata o punto de neve as claras de ovo para engadilas a esta mestura. Unha vez estean todos os ingredientes nun mesmo recipiente, remexemos ata que nos quede unha masa homoxénea.
Cando a masa estea lista, collemos os moldes, que poden ser do tamaño e forma que queirades, só debedes fixarvos en poñer as cantidades axeitadas en cada un.
O último paso na elaboración do biscoito é enfornalo. Poñemos o forno a 170ºC e deixámolo uns 20 minutos aproximadamente.
Pasado o tempo de enfornado, deixámolo arrefriar para quitalo do molde sen que se rompa.
Segundo paso: a cobertura da torta
Para darlle un toque extra de sabor a torta do noso peque e que ademais quede máis bonita, faremos unha cobertura con iogur grego do máis saborosa.
Derreter, bater e…listo!
Non existe elaboración máis sinxela que a desta cobertura!
O primeiro paso é derreter a manteiga. Podes facelo no microondas ou ao baño maría, só debes asegurarte que non chegue a ebulición.
Cando xa estea derretida, engadimos o iogur grego natural e os dátiles e trituramos todo ata que quede unha crema sen grumos nin anacos. Se a mestura é moi espesa mentres a estamos batendo, podemos engadirlle un pouco de auga.
E xa estaría a nosa cobertura! Se queres que sexa dunha cor en especial, podes engadir colorante alimenticio durante a elaboración e sorprender ao teu peque.
A montar a torta!
Unha vez retirado o biscoito do molde, xa podemos cubrilo coa cobertura que fixemos. O mellor instrumento para distribuíla é unha espátula ou unha pa de repostería.
Se vos sentides creativos, podedes meter un pouco de cobertura nunha manga pasteleira e decorar os bordes.
De toppings, a nosa proposta é cubrir o exterior con láminas de plátano e outras froitas como amorodos e arandos.
Feliz aniversario!
Agora xa só queda o paso máis importante e o momento máis esperado, servir a torta e que o peque sopre as velas!
Dende Bebé Gadis queremos felicitar a todos eses peques que cumpran anos e desexarlles unha vida chea de alegría. Moitos parabéns peques de Bebé Gadis!
Se o teu peque sopra as velas nesta tarta, sube unha foto co hashtag #ReceitasBebéGadis, queremos ver todas esas festas e o resultado final desta rica e saudable torta de aniversario!